Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant impulsa metodoloxías para garantir a máxima privacidade no deseño industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant impulsa metodoloxías para garantir a máxima privacidade no deseño industrial

Redacción
Publicado: 14/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_traballo.jpgUnha das moitas liñas de traballo do centro tecnolóxico Gradiant no ámbito da seguridade é a súa contribución ao proxecto PRIPARE, polas súas siglas en inglés PReparing Industry to Privacy-by-design by supporting its Application in Research (traducible por Preparando a Industria para a Privacidade no Deseño Industrial apoiando a súa Aplicación en Investigación). O proxecto foi financiando en parte pola Comisión Europea, a través do Sétimo Programa Marco (FP7). O seu obxectivo é facilitar a aplicación de metodoloxías de privacidade e seguridade no deseño industrial e de tecnoloxías intelixentes (security-by-design), e todo isto facendo fincapé na necesidade de pór en marcha as ditas metodoloxías no intre mesmo en que se crean e materializan as tecnoloxías.
Segundo informa Gradiant, as ditas metodoloxías “garanten que o deseño de sistemas TIC teña en consideración requirimentos de seguridade, incluíndo a privacidade dos usuarios, e implementando mecanismos axeitados para o seu cumprimento”.
Os participantes en PRIPARE son, amais do centro galego Gradiant, Trialog (coordinador), Atos, Trilateral Research and Consulting, Inria, The American University of Paris, a Universidade Politécnica de Madrid, University of Ulm, Fraunhofer SIT, Waterford Institute of Technology e KU Leuven.
Ao abeiro do proxecto, Gradiant coordina o grupo WP5 – Gaps and Recommendations. Neste paquete de traballo identificaranse problemas que dificulten a consideración de medidas para garantir a privacidade dos usuarios durante o deseño de sistemas TIC. Asemade, o centro galega participa de maneira activa no WP1 – Defining PRIPARE Methodology e máis no WP6 – Dissemination within research and industry communities.
Engadir que PRIPARE comezou a súa andaina en outubro de 2013, como iniciativa de impulso tecnolóxico e, tamén, como fonte de material divulgativo e formativo. De feito, a finais de 2015 os coordinadores do proxecto ceibaron un conxunto de documentos que describen a práctica da enxeñaría de privacidade industrial, “cubrindo actividades como a administración de risco de privacidade, o estudo dos requirimentos, as estratexias de deseño, o mantemento e a conformidade. Podemos ver este manual de metodoloxías nun documento PDF accesible para a comunidade en liña e máis na propia web da iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?