Os interesados en tirar proveito profesional das redes sociais, e que non puideran acudir o pasado venres á charla de balde que impartiu o xornalista e blogueiro Manolo Rodríguez en Espacio Coruña na que que expuxo as Claves para ter un grande blog, terán mañá unha nova oportunidade para poder gozar do interesante relatorio, xa que o responsable das redes sociais de La Opinión A Coruña repetirá a súa charla no espazo de coworking WeKCo sino na Avda. Novo Mesoiro da Coruña de 20:00 a 21:15 horas.
Rodríguez explicará os primeiros pasos para crear un blog, os mellores momentos para publicar artigos, a vantaxe de publicar contidos atemporais e incluso axudará a elixir se optar pola calidade ou a cantidade, así como entre as plataformas de publicación máis populares.
Este relatorio forma parte dun ciclo de sete charlas de balde que distribuiranse ao longo de todo o ano na cidade da Coruña, e que achegarán outras materias interesantes como a optimización de contidos de cara aos buscadores, o aproveitamento de LinkedIn ou o uso profesional de Twitter.
Manolo Rodríguez exporá as Claves para ter un grande blog na Coruña
Compartir Este Artigo
