Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Portal da Transparencia acadou 4.500 visitas dende o pasado luns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Portal da Transparencia acadou 4.500 visitas dende o pasado luns

Redacción
Publicado: 14/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

web-transparencia-e-gobierno-aberto.jpgO pasado 7 de marzo poñíase en marcha o Portal de Transparencia e Goberno Aberto, unha iniciativa da Administración autonómica destinada a achegar “un punto único, directo e centralizado” de toda a información que deba facerse pública na nosa terra perante a cidadanía. O portal, presentado como “unha ferramenta viva e dinámica con arela de acoller melloras continuadas”, vén de chegar á súa primeira semana da “vida” coas seguintes cifras: 4.548 visitas e 61.000 páxinas vistas, na súa meirande parte relacionadas cos altos cargos do Goberno, as retribucións, a contratación pública e as entidades instrumentais.
Como lembraremos, o portal pretende facilitar a procura de información por parte dos cidadáns “a través dunha experiencia de navegación máis sinxela, intuitiva e directa”, sinalou no día da presentación a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto. Asemade, explicou que os contidos do Portal estrutúranse en catro bloques (A Transparencia, Temas, Solicitude de acceso á información pública e Outras organizacións) e que se dirixe, tamén, a unificar e centralizar e artellar axeitadamente o que ata o de agora ficaba disperso e espallado. Así, fornece acceso directo a contidos como a normativa en tramitación, as circulares e instrucións de interpretación de normativa, os efectivos de persoal público e as retribucións, perfís e declaracións de actividades dos altos cargos.
Tamén achega información sobre a relación dos bens inmóbeis da Xunta, a conta xeral da Comunidade, a información das viaxes dos altos cargos ou as súas declaracións de bens patrimoniais no momento de toma de posesión e cese, por exemplo.
Ferramenta transversal
O Portal é unha ferramenta transversal a todos os departamentos da Xunta de Galicia e está coordinado pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, que foi a encargada de do seu desenvolvemento xunto coa AMTEGA (Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia), e goza dun sistema de navegación que pretende “facilitar a procura de información por parte dos cidadáns de xeito sinxelo, xa que se organiza en torno a conceptos que lle poden resultar próximos e relacionados entre eles”, engadiu Prieto na presentación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?