Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un centenar de persoas participaron no encontro de blogs de moda de Con-fío en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un centenar de persoas participaron no encontro de blogs de moda de Con-fío en Galicia

Redacción
Publicado: 14/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cultura_blogs_de_moda_cidade_cultura.jpgEste sábado celebrouse na Cidade da Cultura unha xuntanza tecnolóxico-téxtil na que se expuxeron ideas e propostas de valor para impulsar o noso sector da moda e do deseño a través das novas canles de comunicación, directas, inmediatas e participativas, que fornece hoxe en día a Rede. Tratouse, máis en detalle, dun encontro de blogs de moda inserido no marco da exposición Con-fío en Galicia. O evento, que contou coa presenza dun cento de bitacoreiras/os, serviu tamén para promover e afianzar a marca Galicia no mundo botando man das redes sociais.
Fixo acto de presenza o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que convidou aos participantes a converterse en “embaixadores da moda galega” nos espazos virtuais que xestionan. Ademais, salientou “a súa relevancia na creación de tendencias e a súa forza para humanizar as marcas e achegarse a diferentes públicos”.
Tamén participou na xuntanza María Barros, figura referencial do deseño de moda galega, e fíxoo cunha charla sobre as claves do proceso creativo dos deseñadores. A xuntanza tamén acolleu a rodaxe dun fashion film, no que se amosaron diferentes pezas de deseñadores galegos. Esta peza audiovisual, por certo, empregarase como produto de promoción nas redes sociais.
A xornada completouse cunha visita á mostra Con-fío en Galicia, exposición que foi inaugurada o venres, que estará aberta ata o 11 de setembro, unha mostra que en palabras do conselleiro “converte o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura nunha pasarela de moda na que homenaxear un sector que conseguiu situar Galicia nun lugar de referencia no panorama internacional: o téxtil”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?