Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA anuncia que antes do verán porase en marcha o Plan de Inclusión Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA anuncia que antes do verán porase en marcha o Plan de Inclusión Dixital

Redacción
Publicado: 15/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20160315_amtega_01.jpgHoxe celébrase na Cidade da Cultura (baixo o epígrafe Impulsando a túa capacitación dixital) a edición número 15 do Encontro Nacional de Telecentros. Detrás deste evento, como lembraremos, atópase a Asociación Nacional de Redes de Telecentros (co apoio da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA) e con esta xuntanza preténdense “coñecer as principais accións das redes de aulas para a formación dixital e potencialas como ferramenta para mellorar as competencias TIC, a empregabilidade e a innovación social dixital”. A encargada de inaugurar o encontro foi (precisamente) a directora de AMTEGA, Mar Pereira, que aproveitou a oportunidade para lembrar que antes do verán o organismo que coordina porá en marcha o Plan de Inclusión Dixital de Galicia.
Pereira sinalou que esta iniciativa insírese nos “obxectivos estratéxicos da Axenda Dixital de Galicia 2020” e recordou que o Plan ten a finalidade dupla de acadar “a inclusión e a capacitación dixital da cidadanía galega e impulsar a empregabilidade”. O desafío, aclarou, é “superar a primeira fenda dixital, a do acceso, e tamén a segunda, a relacionada co aproveitamento das habilidades dixitais para obter os máximos beneficios da Rede”.
20160315_amtega_02.jpgLembrar que na xuntanza que se está a desenvolver arestora en Santiago, na Cidade da Cultura, participan máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, innovadores, usuarios e comunidades locais do eido local das aulas CeMIT galegas.
Volvendo á intervención da directora de AMTEGA, sinalar que tivo palabras para salientar o potencial da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) que é e será un dos grandes alicerces do devandito Plan, ao que cómpre sumar o Programa de Voluntariado Dixital de Galicia.

Contidos
  • Rede CeMIT
  • CeMIT-Innova

Rede CeMIT

Segundo fixo saber a titular da axencia, a Rede CeMIT abriu as súas portas en 2011 e hoxe conta coa colaboración de 92 concellos galegos, está integrada por 98 aulas e ten presenza nas 53 comarcas galegas. Leva impartidas máis de 186.600 horas de formación e este ano está previsto superar os 53.000 usuarios rexistrados. Nos dous últimos anos, informou Pereira, achega tamén a formación para a obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX), “un activo que reforza o perfil profesional das persoas cara a súa inserción laboral”.

CeMIT-Innova

A directora da AMTEGA anunciou a maiores a apertura da segunda edición de CeMIT–Innova, unha iniciativa de innovación social dixital que se celebrou o pasado ano en nove aulas da rede e que deu como resultado solucións como, por exemplo, un prototipo de escritorio adaptado á persoas con diversidades funcionais desenvolvido en software libre; varias plataformas locais para fomentar o emprego ou portais web para difundir historia e o patrimonio local entre outras. “Desde hoxe e ata o 15 de abril as aulas CeMIT interesadas en participar poden enviar as súas propostas”, engadiu Mar Pereira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?