Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica impulsa a lanzadeira de emprego de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica impulsa a lanzadeira de emprego de Ourense

Redacción
Publicado: 15/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ourense_lanzadera.jpgO vindeiro mes de abril Ourense contará coa primeira lanzadeira de emprego de Galicia grazas ao labor do Concello, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María a Real. Con esta proposta 25 persoas poderán levar a cabo unha nova procura de emprego en equipo, reforzar as súas competencias profesionais, ampliar o seu coñecemento en redes sociais, mellorar as súas posibilidades de seren contratadas e contar con novas posibilidades de inserción laboral. Cómpre sinalar que esta lanzadeira está incluída nas 145 que Fundación Telefónica e Fundación Santa María a Real porán en marcha este ano por toda a contorna estatal, para o que contan coa colaboración e co-financiamento do Fondo Social Europeo.
Volvendo á lanzadeira de emprego de Ourense, como xa adiantamos estará integrada por 25 mozos que se atopen en paro ou desemprego; e que teñan ata un máximo de 29 anos, no caso de homes; e un máximo de 34 anos, se son mulleres. Terán preferencia as persoas empadroadas na cidade, aínda que se deixará aberta a participación a outras de localidades contiguas.
Dende este proxecto anuncian que non se busca un perfil formativo concreto, senón que poderán participar mozos con estudos básicos; de Formación Profesional ou Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias. Asemade, non se solicita experiencia nun sector laboral determinado; senón que a participación está aberta a persoas con traxectorias variadas, de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia; ou con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.
Na lanzadeira as 25 persoas elixidas reuniranse varios días á semana en locais cedidos polo Concello. Levarán a cabo sesións de adestramento e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego nas redes sociais e nas novas tecnoloxías da información; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.
As persoas interesadas en participar dispoñen ata o 7 de abril para inscribirse no programa, tanto en liña como a través da web de Lanzadeiras ou ben de xeito presencial no Centro de Iniciativas Empresariais (rúa Pai Feijóo, 1A) ou na Oficina de Atención ao Cidadán (Praza Maior, 1).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?