Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CIS Galicia e CESGA expoñen en Ferrol as oportunidades da nova convocatoria de Fortissimo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CIS Galicia e CESGA expoñen en Ferrol as oportunidades da nova convocatoria de Fortissimo

Redacción
Publicado: 16/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nube.jpgCIS Galicia e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) organiza esta semana en Ferrol, o día 18, unha xornada informativa sobre a segunda edición do programa Fortissimo, un proxecto que, como lembraremos, abriu a convocatoria pública de experimentos sobre aplicacións HPC-Cloud (Computación de Altas Prestacións na Nube). Isto tradúcese en máis de 1,3 millóns de euros para a innovación nas contornas cloud e de información masiva (Big Data) nas pequenas e medianas empresas manufactureiras e do eido da enxeñaría. As beneficiarias serían polo tanto as PEME responsables de novos experimentos que complementen e estendan as actividades actuais do proxecto Fortissimo 2. Volvendo á xornada deste venres en Ferrol, estaría dirixida a amosar todas estas oportunidades perante empresarios, enxeñeiros e persoal técnico das nosas empresas potencialmente “colaboradoras”.
Segundo informan o CIS Galicia e o CESGA, os experimentos financiables contribuirían a estender e amosar o potencial de negocio dos servizos HPC-Cloud, sobre todo aplicacións que “inclúan simulacións integradas de procesos físicos ou análise avanzada de datos”. Os proxectos deberán estar enfocados a resolver necesidades de negocio das pequenas e medianas empresas ou microempresas do sector da enxeñaría ou da manufactura. A cobertura orzamentaria por iniciativa ascende a 250.000 euros.
Segundo informa o CESGA, a solicitude de financiamento resulta sinxela, “xa que a proposta non pode superar as 10 páxinas”. Ademais, engade o centro, as empresas que desexen solicitar financiamento contarán co seu soporte para preparar a solicitude (lembrar que o CESGA xa axudou a 23 empresas financiadas baixo este programa). Por certo que a convocatoria pecha o 18 de maio.
Volvendo á cita desta semana, recordar que se celebra na sede do CIS Galicia en Ferrol (rúa A Cabana sen número). A apertura da xeira de traballo correrá a cargo do director de GAIN, Manuel Varela, e logo será a quenda dos responsables do CESGA e de CIS Galicia amosando os seus servizos máis salientables para as empresas. Contra as 13.00 horas, falará Andrés Gómez Tato, responsable de Proxectos do CESGA e, a continuación, Carmen Cotelo, técnica coordinadora de Proxecto Fortissimo (CESGA), amosando experiencias anteriores das empresas nas convocatorias do proxecto. Arredor das 13.40 horas será a quenda das entrevistas cos responsables das firmas interesadas.
Fortissimo 2: obxectivos
O obxectivo fundamental de Fortissimo 2, como lembraremos, é a promoción da adopción de tecnoloxías avanzadas de modelado, simulación e análise de datos polas PEME europeas no sector da manufactura, usando experimentos de aplicacións derivados de escenarios de negocio reais onde estas tecnoloxías poden ser despregadas e potencialmente integradas no mercado de Fortissimo para seren achegadas como servizo. Segundo nos lembra o CESGA, o desenvolvemento deste mercado en liña comezou durante o proxecto inicial de Fortissimo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?