Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia xa conta con carné único
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia xa conta con carné único

Redacción
Publicado: 16/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20160316_bibliotecas_02.jpgNa mañá de hoxe a directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, daban conta de que a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia conta xa cun carné único proposto pola Xunta de Galicia. Esta achega será posible grazas á introdución dun sistema integrado de xestión bibliotecaria de catálogo único, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e pola Consellería de Cultura e Educación. Deste xeito, os usuarios e usuarias contarán por vez primeira cun carné único, co que poderán acceder aos servizos de todas as bibliotecas galegas inseridas neste programa e a un catálogo colectivo con todos os seus fondos dispoñibles para a súa consulta en liña.
Por outra banda, o traballo técnico dos profesionais das bibliotecas tamén se axilizará ao contar cun único sistema para a xestión de todas as coleccións (físicas ou dixitais) que automatiza os procesos de catalogación, reservas, inventariado ou empréstamos interbibliotecarios.
O carné único é xa unha realidade para os usuarios e usuarias das 25 bibliotecas públicas e axencias de lectura nas que está en funcionamento o novo sistema: as bibliotecas públicas de xestión autonómica de Lugo, de Ourense, da Coruña Miguel González Garcés, de Pontevedra Antonio Odriozola, de Vigo Juan Compañel e de Santiago de Compostela Ánxel Casal; e as bibliotecas públicas municipais de: Ferrol, Vigo, Oleiros, Laxe, Sanxenxo e máis Ortigueira.
A que se poderá acceder mediante ese carné único? Pois alén de achegar os máis de 900.000 títulos e preto de dous millóns de documentos destas 25 bibliotecas, o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, contará: cos fondos da Biblioteca de Galicia, das bibliotecas de institucións de especial interese para Galicia como a da Real Academia Galega, a do Consello da Cultura Galega, a da Fundación Manuel María, a da Fundación Vicente Risco e a do Centro Galego de Artes da Imaxe, xunto coas bibliotecas dos museos e dos arquivos xestionados pola Consellería de Cultura e Educación.
“Nesta primeira fase estamos a falar, en conxunto, dun total de 43 bibliotecas integradas neste novo sistema –explicou Anxo Lorenzo– e o obxectivo da vindeira fase do proxecto é integrar de maneira progresiva ás máis de 300 restantes bibliotecas e axencias de lectura que forman parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e que na actualidade contan con diferentes programas de xestión bibliotecaria”.
Nunha terceira fase tamén está prevista a introdución nas bibliotecas escolares deste novo programa baseado na tecnoloxía liberada e en formato aberto a través do software Koha.
As novas actuacións no eido tecnolóxico levadas a cabo polo Goberno galego para a mellora dos servizos bibliotecarios tamén inclúen a renovación dos portais web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da Biblioteca de Galicia e das bibliotecas centrais territoriais de xestión autonómica de: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, Ourense e Pontevedra. A directora da AMTEGA lembrou que “estes novos portais nacen xa co apelido .gal”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?