Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster do Turismo e a Deputación de Pontevedra amosan este xoves o potencial das TIC para atraer visitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster do Turismo e a Deputación de Pontevedra amosan este xoves o potencial das TIC para atraer visitantes

Redacción
Publicado: 16/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

turismo_cluster_congreso.jpgArredor de trescentos profesionais do ámbito turístico, hostaleiro e tecnolóxico participarán na segunda edición do Encontro Clúster Turismo. A xuntanza, celebrarase este xoves 17 no Auditorio Mar de Vigo baixo o seguinte epígrafe: Obxectivo 5 millóns, Retos e oportunidades da comercialización e tecnoloxía do Destino Galicia. Foi avanzada onte en todos os seus detalles por responsables do Clúster do Turismo de Galicia (César Ballesteros e Diego Otero), pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como polo deputado provincial de Turismo, Santos Héctor. A xuntanza diríxese en boa medida a avaliar e amosar os cambios acontecidos no noso xeito de “facer turismo”, tanto para o propio viaxeiro como para quen lle dá acollida. Cambios que, segundo explica a organización, pasaron pola introdución das novas tecnoloxías na comercialización.
“A xornada”, engade o Clúster, “tentará afondar nas novas formas de comercialización dentro do sector turístico así como expor solucións aos retos que supón a irrupción e os cambios que se produciron na forma na que o viaxa o turista 2.0”.
Os persoeiros que participaron na presentación coincidiron en salientar as “grandes potencialidades do noso sector”, que está chamado a “ser a panca que mova a economía da provincia”. Ao fío disto, Carmela Silva destacou a importancia do turismo verde, o enoturismo, o patrimonio cultural, arquitectónico e gastronómico da provincia, “como eixos que deben explorarse para ofrecer aos nosos visitantes unha oferta variada e moi completa de actividades para coñecer todos vos recunchos da provincia”. Pola súa banda, o alcalde subliñou “a riqueza e a gran calidade da oferta turística da cidade e da provincia e agradeceu á Deputación que estes segundos Encontros se desenvolvan por vez primeira en Vigo”.
A xornada, que se celebrará en xornada de mañá e tarde, incluirá mesas redondas e varios relatorios con expertos nacionais e internacionais como o presidente de SEGITTUR, Antonio López, a ex responsable de VisitLondon, a consultora Mady Keup, ou Raúl García, experto en comercialización MICE e novas tecnoloxías da información. O programa completarase con senllas mesas redondas en torno á análise dos mercados primordiais para a oferta turística galega, coa participación dos responsables das Oficinas de Turismo de España de Reino Unido, Alemaña e Estados Unidos e outra sobre as principais ferramentas tecnolóxicas que “mudaron a maneira de entender a comercialización turística” e na que se contará coa presenza de representantes de empresas como Beonprice, ParityRate ou do Instituto Tecnolóxico Hostaleiro. Esta segunda xeira de debate, sinala a organización, será “unha cita imprescindible para entendermos como mudou en moi poucos anos o funcionamento da comercialización da oferta turística, na que o emprego da información masiva (Big Data) e o afianzamento do channel manager, que xunta a información de centos de axentes que trocan as súas ofertas de hospedaxe on e off line minuto a minuto, é fundamental”.
As xornadas veñen da man do Clúster do Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia. A organización prevé que se dean cita varios centenares de profesionais que atoparán “un punto de networking e de posta ao día dos seus coñecementos sobre as novas tendencias nun mercado competitivo e global como é o actual”. Esta é a segunda edición dos Encontros Clúster Turismo de Galicia, que se celebraron por vez primeira en 2014 na Coruña co obxectivo de crear “un punto de encontro e reflexión para o sector turístico galego”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?