Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone renova prezos con roaming, máis datos e chamadas sen límite de fixo a móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone renova prezos con roaming, máis datos e chamadas sen límite de fixo a móbil

Redacción
Publicado: 16/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_tarifas.jpgVodafone España segue adiante co lanzamento continuo de incentivos, promocións para os seus clientes reais e potenciais. Se hai uns días falabamos dunha oferta na que a operadora duplicaba os GB das súas tarifas de prepago, hoxe é a quenda dunha nova campaña para renovarnos os plans de prezos de prezos. En termos concretos, a compañía moveu ficha para aumentar o valor da vertente móbil (máis datos, itinerancia incluída e TV no móbil) como do ámbito da banda larga e as liñas fixas (chamadas ilimitadas dende o fixo a móbiles). A maiores, a iniciativa presentada esta semana permitirá aos clientes gozar de chamadas de balde entre os membros da familia.
Segundo informa Vodafone, este novos plans de prezos “incorporan os servizos máis demandados polos clientes particulares e autónomos ou pequenas empresas”.
En detalle, na vertente móbil (todos clientes de contrato de tarifas móbiles, segundas liñas e Vodafone One) achégase servizo de itinerancia (roaming) en todos os plans de contrato, abranguendo os países da Unión Europea, Estados Unidos, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Albania e Turquía. A operadora, por certo, lembra que este servizo xa estaba dispoñible para os plans de prezos Vodafone Rede pero a novidade agora é que se estende ás tarifas Smart e Mini e Vodafone OneS. Respecto dos datos, auméntanse (entre 500 MB e 1GB). A TV de Vodafone, ademais, intégrase no móbil. Con este último servizo, a firma de telecomunicacións quere dar resposta a esa porcentaxe do 73% dos consumidores que ven xa a TV en dispositivos distintos ao televisor.
Polo que atinxe a banda larga fixa (clientes con fibra ao ADSL) fornécense chamadas sen límite de fixo a móbiles (Vodafone sinala neste punto será a primeira das grandes operadoras en integrar esta oferta en todas as súas achegas de fogar). En servizos converxentes, ofrécense todos os beneficios anteriores e chamadas de balde entre os membros da familia, “con independencia da tarifa e teléfono que se empregue, xa que se permiten chamadas entre todas as liñas, tanto móbiles como desde o fixo”. Estas vantaxes tamén son válidas para empregados na mesma conta corporativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?