Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FOGA amosou as potencialidades do ecommerce perante máis de vinte profesionais de Melide
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FOGA amosou as potencialidades do ecommerce perante máis de vinte profesionais de Melide

Redacción
Publicado: 17/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foga_melide_web.jpgA empresa galega FOGA, con base en Santiago e centrada en solucións globais de integración, está mergullada nun intenso labor de divulgación e formación centrado en amosar as vantaxes de posibilidades da dixitalización entre os negocios da nosa terra. Este labor artéllase nunha serie de encontros con empresarios e profesionais en diversas localidades, sendo o seu obxectivo común o de que “axudar a que o noso tecido produtivo sexa cada día máis eficiente e competitivo”. A primeira destas sesións tivo lugar esta semana en Melide, en colaboración con ASETEM, a Asociación de Empresarios de Terra de Melide. Na xornada asesorouse a empresarios e comerciantes locais nas vantaxes do negocio en liña. Tamén se lles axudou a definir estratexias de comercio electrónico efectivas.
dixitalizando_negocios_en_melide_foga_-_cartel.jpgA xornada desenvolveuse este 15 de marzo no local da Asociación de Empresarios da Terra de Melide. Segundo nos contan dende FOGA o enfoque da xeira de traballo foi “práctico e participativo”, e os conferenciantes, amais de informar das devanditas temáticas, tamén avogaron por “promover unha reflexión conxunta entre os asistentes para a dixitalización dos seus modelos de negocio, centrándose nun prototipo de cliente que xa é un experto usuario de Internet”.
Nun plano máis concreto, a xornada compúxose de conferencias sobre o comercio electrónico no mundo actual e os cambios nos hábitos de uso en Internet e sobre as novas ferramentas de negocio na Rede, desde a perspectiva do cambio continuo. Nesta liña, Mónica Saavedra, representando o Departamento de Marketing de FOGA, expuxo como o “cliente de hoxe” é “un usuario comprometido co que lle gusta”, que “sabe o que quere” e que, ademais, “sabe navegar para localizalo”. Por este motivo, a relatora salientou que unha tenda en liña que funcione debe ser unha ferramenta fabricada e xestionada “de maneira profesional”, cunha estratexia clara e dirixida por un especialista nun determinado negocio,
Por outra banda, o profesor especialista en Marketing Dixital da Universidade de Santiago, José Ramón Porto, reflexionou sobre como o cambio tecnolóxico leva asociado “un cambio social e cultural imparable” que crea novos comportamentos no consumidor. Ademais, puxo de manifesto (baseándose nalgunhas das súa investigacións) como case toda a repercusión da publicidade pode medirse en Internet, tanto a nivel “usuario” como “a nivel profesional”.
dixitalizando_negocios_en_melide_foga_-_programa.jpgComo dixemos, o obxectivo da conferencia foi amosar aos profesionais de Melide algunhas das ferramentas do negocio online e, sobre todo, pór no seu coñecemento como van aparecendo novos especialistas e profesionais aos que poden recorrer para mellorar as súas estratexias de negocio na Rede. Entre as conclusións achegadas figurou a seguinte: “Se o 36,1% dos galegos mercaron por Internet un ben para o fogar nos últimos 12 meses, as nosas PEME xa non poden botar man da manida idea de que os clientes xa non veñen por esa canle”. O profesor da USC, ao fío disto, sinalou que os profesionais deben desterrar a frase “non teño tempo para destinar a esas cousas”.
Tralo debate, no que participou boa parte dos máis de vinte empresarios participantes na xornada, o xefe de Vendas de FOGA, Roberto Santiago, anunciou que a compañía galega continuará a organizar sesións deste tipo noutras localidades galegas baixo o formato Dixitalizando negocios en…. co fin de promover a competitividade do noso tecido produtivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?