Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra prepara a nosa vindeira xeración de programadores de videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra prepara a nosa vindeira xeración de programadores de videoxogos

Redacción
Publicado: 17/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_videoxogos.jpgA Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) está a acoller estes días unha actividade formativa que amosa metodoloxías e recursos de primeira man para converternos en creadores de aventuras gráficas a contrafío das majors e botando man plenamente dos ingredientes fundamentais: innovación, afouteza, maxín, etc. O curso Programación de videoxogos indies é unha iniciativa inserida na programación de primavera da Vicerreitoría do Campus. Arestora ao seu abeiro estanse a desenvolver, por grupos, tres aventuras gráficas: unha inspirada na Guerra Civil, unha proposta dirixida a amosar aos nenos e nenas os efectos do Alzheimer e un xogo de plataformas inspirado no cinema. O curso, de 30 horas e dirixido pola profesora Beatriz Legerén, ten como obxectivo introducir ao alumnado nas principais ferramentas para dar forma a un videoxogo.
A actividade clausurarase este venres coa presentación dun primeiro bosquexo das ideas nas que os 14 asistentes a esta actividade viñeron traballando desde finais de febreiro.
A ilustradora Iria Carballo e o programador e deseñador Adrián Santasmarinas, os dous formados na mesma Facultade, son os responsables xunto con Legerén de impartir o obradoiro. Este salienta por dous motivos principais: pola súa vontade de dar azos á nosa mocidade para que se afiance nun terreo (o dos produtos de lecer dixital) que para nós os galegos achega moito potencial (e no que podemos achegar unha chea de coñecemento e ideas novas), e tamén polo seu carácter “fundamentalmente práctico”. De feito, diríxese a acadar que os participantes teñan todos os recursos precisos ao seu alcance para facer un xogo, “dende a definición da idea inicial e o deseño de personaxes e contornas e ao posterior traballo de programación”.
De feito, o curso xa permitiu aos asistentes iniciarse no manexo da ferramenta para a creación de xogos en dúas dimensións Game Maker, “que foi creada por un grupo de investigadores da Universidade de Dundee, en Escocia”, como explica Legerén.
Ademais de introducir ao alumnado nas características do Game Maker, este curso buscou tamén fornecer ao alumnado coas diferentes fases dun traballo que, como explica Legerén, comeza diante do papel. “O primeiro de todo é definir que é o que queres facer e cando xa o tes todo é o intre de pórse a debuxar e programar”, salienta a directora dun curso no que os estudantes foron avanzando, por equipos, no desenvolvemento das súas ideas. Na tarde deste venres, na última sesión desta actividade, chegará o momento de que amosen “un primeiro nivel ou unha pequena demo” dos seus proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?