Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense quere ser a primeira provincia recoñecida como Destino Turístico Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense quere ser a primeira provincia recoñecida como Destino Turístico Intelixente

Redacción
Publicado: 17/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_ourense_baltar_expertos_en_turismo.jpgO Campus de Ourense acolleu onte unha xuntanza entre representantes públicos e investigadores para debullar nos seus detalles o proxecto Destinos Turísticos Intelixentes. Na sesión participaron o presidente do organismo provincial, Manuel Baltar, e un importante número de científicos referenciais do ámbito estatal. Como lembraremos, o proxecto Destinos Turísticos Intelixentes é unha iniciativa impulsada por SEGITTUR para aplicar os últimos avances tecnolóxicos da xestión, da xeolocalización e do posicionamento na procura de novas metodoloxías que fortalezan a capacidade de atracción de viaxeiros das contornas estatais. Búscase polo tanto “crear servizos diferenciais e altamente competitivos con base na tecnoloxía aplicada ao turismo”.
O presidente da Deputación de Ourense propuxo aos expertos reunidos ampliar o estudo que están a realizar para que a marca abranga non só localidades concretas senón que acubille “todo o territorio provincial e incorpore o concepto de provincia intelixente” que está a promover a institución galega. O obxectivo da proposta de Baltar é acadar que o proxecto de destinos smart teña un alicerce territorial “máis amplo, contemplando á provincia como un todo á hora de levar a cabo iniciativas turísticas innovadoras e de vangarda”.
Segundo informou a Deputación con posterioridade á sesión de traballo, os expertos turísticos amosaron ao presidente provincial o seu interese por abrir esta nova canle de estudo, que inclúe o “concepto integral de provincia”, e que se concretaría na realización dun estudo turístico específico para Ourense. Este sería levado a cabo por un equipo multidisciplinar de expertos en turismo, co apoio da Deputación e a Universidade de Vigo. Todo isto co reto de converter Ourense na “primeira provincia que teña a catalogación de Destino Turístico Intelixente”, explicou Manuel Baltar, engadindo que este recoñecemento posibilitaría “aplicar as innovacións tecnolóxicas que nestes intres lévanse a cabo co programa de Termalismo Saudable a outros ámbitos do turismo como son a natureza, a arquitectura, o patrimonio histórico-artístico, a etnografía, a cultura, os deportes de inverno e o termalismo deportivo”.
Na reunión participaron xunto a Manuel Baltar, os expertos e investigadores Antonio Guevara Plaza. presidente da Rede INTUR, decano da Facultade de Turismo de Málaga e responsable deste proxecto na Costa del Sol; Eduardo Parra, presidente da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo e responsable do proxecto en Canarias; Fernando Vera, coordinador do Doutoramento Interuniversitario en Turismo e coordinador do proxecto en Alacante, e José Antonio Fraiz Brea, coordinador do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo de Interior e Saúde. Neste traballo referido aos Destinos Turísticos Intelixentes, ao que se incorporará a provincia de Ourense, tamén participan os territorios de Asturias e Curitiba (Brasil).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?