Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispoñible unha aplicación que nos dá acceso a todos os mapas topográficos estatais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispoñible unha aplicación que nos dá acceso a todos os mapas topográficos estatais

Redacción
Publicado: 18/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gps_sendeirismo-2.jpgO Instituto Xeográfico Nacional (IGN) vén de lanzar unha aplicación de balde para tirarlle o máximo partido ao GPS dos nosos dispositivos, sobre todo se temos en mente botarnos ao medio natural para facer ciclismo, correr ou practicar esquí. En palabras dos responsables da ferramenta trátase, máis en detalle, “dunha ferramenta para ir máis lonxe que coas rutas habituais do sistema de posicionamento por Satélite”. Coñécese como Mapas de España IGN e podémola ver xa para Android en Gogole Play. Entre outras cousas, descarga no noso dispositivo todos os mapas xeográficos do territorio estatal.
Segundo informa os usuarios que xa lle están a tirar proveito, o número de mapas que acubilla é “enorme”, polo que se brinda a opción de descargarmos só os das zonas xeográficas que nos interesen, ou ben navegar en liña polos propios mapas.
aplicacion_instituto_xeografico-2.jpgA cartografía vai desde a escala do mapa de España 1:1.250.000 ata mapas topográficos de escala 1:25.000, que son moi axeitados para a práctica do sendeirismo e para o coñecemento lúdico do medio rural e natural (deportes, excursións, actividades de divulgación). Os datos xeográficos que xera o IGN son abertos e de difusión pública por Orde Ministerial FOM/2807/2015 (BOE do 26 decembro de 2015) relativa á función do instituto.
A aplicación móbil abrangue unha oferta de rutas polos Parques Nacionais e ten dispoñible, tamén, todo o relativo ao Camiño de Santiago. Asemade, deixa marxe para cargarmos as nosas propias rutas. A ferramenta, baseada en OruxMaps, aínda non está accesible para iOS. Iso si, os mapas son compatibles para todo tipo de dispositivos GPS de sendeirismo, tanto para Android como para iOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?