Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN anima ás PEME a tirar proveito da supercomputación para gañar competitividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN anima ás PEME a tirar proveito da supercomputación para gañar competitividade

Redacción
Publicado: 18/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, animou hoxe en Ferrol ás PEME a propoñer retos que poidan supoñer solucións a necesidades industriais avanzadas utilizando como ferramenta a supercomputación. O proxecto europeo Fortissimo 2, que ten como nodo en España o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), ten aberto ata o 18 de maio o prazo de recepción de propostas para experimentos que teñan un custo de ata 250.000 euros, “unha oportunidade que reforza as posibilidades reais de Galicia de posicionarse no liderado da Industria 4.0 a nivel internacional”, destacou Varela.
Á sesión informativa desta mañá no CIS Galicia asistiron representantes de PEME de toda a comunidade de diversos sectores, desde os altamente tecnolóxicos ata os tradicionais, ante os que o director de GAIN aproveitou para presentar a colaboración CESGA-CIS Galicia-CIS Madeira como unha aposta segura polo incremento da competitividade “botando man das únicas ferramentas que abren hoxe en día as portas do mercado global: o coñecemento, a tecnoloxía e a orientación a solucionar problemas que poden marcar a diferenza sobre a competencia”.
O proxecto Fortissimo, que celebrou a súa primeira edición en 2013, vén de abrir unha nova convocatoria de proxectos cun orzamento total de 1,3 millóns de euros. As propostas aprobadas darán lugar a experimentos nos que participarán PEME e centros tecnolóxicos de toda Europa, nunha dinámica de innovación aberta. No marco desta segunda edición puxéronse en marcha 14 experimentos, algúns deles coa participación, ademais do CESGA, de Aimen, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e de empresas galegas.
A simulación, a modelización numérica e a análise de grandes volumes de datos son tecnoloxías estreitamente ligadas á fábrica intelixente e, en xeral, á industria do futuro, denominada Industria 4.0. O seu uso require dunha gran capacidade de computación e de ferramentas de software especializado e servizos expertos aos que as PEME adoitan ter dificultades de acceso. “O obxectivo de Fortissimo é mellorar esta situación, que é extensiva á inmensa maioría das empresas galegas, abrindo para elas o maletín de ferramentas e o coñecemento que as grandes compañías teñen ao alcance da súa man”, expuxo Varela, que insistiu en que “as opcións de gañar calquera partido pasan por xogar en igualdade de condicións, coas mesmas botas e no mesmo céspede”, nun paralelismo coa tecnoloxía avanzada e o mercado.
O CESGA, como nodo español do proxecto, está a disposición das PEME, sobre todo das galegas, para participar nel. Como centro de supercomputación de altas prestacións, pode proporcionar os recursos de computación e big data necesarios para propoñer experimentos, ademais de asistencia especializada na preparación das propostas. Tamén ten capacidade para participar nos proxectos en calidade de socio e para apoiar as PEME na formación dos consorcios máis adecuados para o experimento que propoñen.
O CIS Madeira, enmarcado dentro da Axencia Galega de Innovación, traballa tamén con diversas PEME do sector da madeira de Galicia para a definición de experimentos para a presentación de propostas na convocatoria aberta de Fortissimo 2. As inquietudes empresariais abranguen desde a implementación de simulación do proceso de secado de madeira, onde se busca a optimización dos tempos de secado e a mellora da eficiencia enerxética do proceso, ata a mellora do coñecemento dos procesos de fabricación de produtos derivados da madeira e a optimización da loxística de aprovisionamento de materia prima.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?