Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant achega in2it, a solución definitiva para o eLearning
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant achega in2it, a solución definitiva para o eLearning

Redacción
Publicado: 18/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

elearning-5.jpgO centro tecnolóxico Gradiant, con sede en Vigo, está estes días presentado unha nova solución moi axeitada para impulsar o ensino a distancia botando man das tecnoloxías da comunicación. Ou sexa, para afianzar a práctica do eLearning. Estamos a falar de in2it, unha achega que se dirixe, en boa medida, a impulsar a substitución do caderno que levan os mestres na aula polo seu igual electrónico. Con in2it, informa o centro, farase seguimento continuo do desempeño dos alumnos en tempo real, creando reportes automáticos. Ao rematar a clase, in2it achegará ao docente un informe de todo o acontecido ao longo do período lectivo, polo que o profesor ou profesora non terá que perder tempo en facer isto a man.
O único que terá que levar a cabo o profesional da educación “será reflexionar sobre o acontecido durante a xornada”, sinalan fontes do centro tecnolóxico vigués, engadindo que in2it é unha ferramenta “que achega a información precisa para tomar as decisións máis axeitadas sobre como mellorar o desempeño do alumnado”. E todo isto grazas ao desenvolvemento de Gradiant no eido do Learning Analytics.
in2it.jpgDe falarmos de vantaxes concretas de in2it, cumpriría sinalar que é compatible coa especificación xAPI (Tin Can API), que revisa o proceso de aprendizaxe de cada alumno e xera métricas en tempo real; dotando aos contidos da capacidade de informar sobre como son consumidos e achegando unha API para crear produtos intelixentes e con capacidade de adaptación a diferentes contornas.
A solución in2it tamén foi concibida para editoriais, pois dá información en tempo real de como os usuarios consumen os seus contidos. Ademais, ten contidos adaptativos, detecta erros de deseño e problemas comúns cos contidos; amais de ter unha sinxela integración grazas á súa compatibilidade co estándar xAPI.
En canto ao uso de in2it para docentes, é preciso sinalar que este achega información en tempo real dos problemas do alumnado, analiza a evolución dos seus estudantes e clasifica aos estudantes e alerta perante situacións de risco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?