Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica impulsa o traballo na nube das PEME con Go To Cloud
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica impulsa o traballo na nube das PEME con Go To Cloud

Redacción
Publicado: 18/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_fp-go-to-cloud.jpgTelefónica anunciou onte que, no seu camiño por botarlle unha man ás PEME (contribuíndo a mellorar a súa produtividade), achegará por unha banda máis tecnoloxía na nube de Sage e, pola outra, o dispositivo Samsung Galaxy TabPro S, un aparello “dous nun” que inclúe sistema operativo Windows 10 Pro de Microsoft e conectividade 4G e que a operadora española fornecerá antes cá competencia. Segundo informa a operadora, a nova tecnoloxía na nube de Sage materialízase, de cara aos clientes de seu, no servizo Go To Cloud.
“Esta”, sinala Telefónica, “é a proposta de Movistar para axudar ás PEME a dar resposta ás súas necesidades a través de servizos da nube”. O obxectivo da compañía é facilitar ás empresas a evolución cara esta tecnoloxía “de maneira sinxela e accesible”, cunha gama de servizos acaida para as demandas de cada negocio, “adaptándose ao seu tamaño e ao seu perfil TIC”.
Entre as novidades que acubilla Go To Cloud figura unha nova gama de aplicacións de negocio. A este respecto Telefónica engadiu as ferramentas de xestións á oferta de servizos na nube para as PEME, “dando así solución ás demandas principais de mercado”. Isto acádase, da man da Sage, coa aplicación de ContaPlus Elite Flex, ferramenta de contabilidade e xestión moi empregada a día de hoxe polas PEME estatais e que se ofrece agora desde a nube de Telefónica. Esta aplicación únese a Sage One, solución de facturación para pequenas empresas e autónomos, xa comercializada por Movistar.
Como dixemos, Movistar amplía esta proposta incorporando un novo dispositivo “dous nun”, o Samsung Galaxy TabPro S, un equipo híbrido que, en palabras da operadora, “cingue as vantaxes e lixeireza dunha tableta coa potencia dun PC”. Conta cunha pantalla “SuperAMOLED” de 12 polgadas, sistema operativo Windows 10 Pro e conectividade 4G. Ademais, integra de serie unha funda de protección con teclado incorporado. Este dispositivo súmase á gama de “dúas nun” de Go To Cloud para mellorar a produtividade dos profesionais que traballan en mobilidade. Movistar presentará o novo equipo aos seus clientes de PEME o día 26 de abril na Telefónica Flagship Store da Gran Vía de Madrid.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?