Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A provincia de Ourense será Destino Turístico Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A provincia de Ourense será Destino Turístico Intelixente

Redacción
Publicado: 21/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_baltar_lopez_de_avila.jpgA semana pasada o Campus de Ourense acolleu unha xuntanza arredor do proxecto Destinos Turísticos Intelixentes. Nela participaron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e un importante número de científicos e investigadores referenciais do ámbito estatal, entre os que se atopaban algúns dos principais responsables do dito proxecto. Como lembraremos, na cita o presidente ourensán propuxo aos expertos reunidos ampliar o estudo que están a realizar para que a marca abranga non só localidades concretas senón que acubille “todo o territorio provincial e incorpore o concepto de provincia intelixente” que está a promover a institución galega. Segundo informa agora a Deputación, o Goberno xa confirmou a Baltar que Ourense será a primeira provincia coa denominación Destino Turístico Intelixente.
Como lembraremos, esta distinción smart é unha iniciativa impulsada pola entidade estatal SEGITTUR para aplicar os últimos avances tecnolóxicos da xestión, da xeolocalización e do posicionamento na procura de novas metodoloxías que fortalezan a capacidade de atracción de viaxeiros das contornas estatais. Búscase polo tanto “crear servizos diferenciais e altamente competitivos con base na tecnoloxía aplicada ao turismo”.
A devandita confirmación do Goberno veu da man do presidente da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), Antonio López de Ávila, quen, na reunión que mantivo os días pasados con Baltar no Pazo Provincial salientou “o labor de vangarda” da Deputación galega “coa posta en marcha de iniciativas innovadoras aplicadas á xestión turística, máis polo miúdo no ámbito do termalismo social e deportivo que se traducen en promoción e competitividade para a provincia”, informou López de Ávila.
O presidente de SEGITTUR destacou o proxecto de Provincia Intelixente ourensán, cualificándoo de “innovador e moi relevante para visualizar perante o mundo este territorio”.
López de Ávila confirmou tamén a Manuel Baltar que Ourense será a primeira provincia de España que se incorporará aos programas de Turismo Senior de Europa (Europe Senior Tourism), que xestiona o Goberno de España. “Este programa de viaxes”, dixo, “é unha iniciativa pioneira no ámbito internacional dirixida a persoas europeas de máis de 55 anos que queiran gozar dunhas vacacións compartindo experiencias”. A oferta abrangue gastronomía, natureza, lecer e cultura e nela participan destinos e establecementos, “pero nunca ata o de agora”, lembra a Deputación, “unha provincia fora homologada para integrarse neste proxecto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?