Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes do Campus de Pontevedra premiados pola súa app para o fomento da participación en UNICEF
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes do Campus de Pontevedra premiados pola súa app para o fomento da participación en UNICEF

Redacción
Publicado: 21/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_pontevedra_xmint_project.jpgCinco estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación veñen de converterse nos gañadores do concurso internacional XMINT Project. A súa achega foi unha aplicación para móbiles dirixida a fomentar a implicación da cidadanía con UNICEF a través dunha “estratexia de gamificación”. O proxecto, destinado polo tanto a fomentar a captación de socios por parte da ONG, veu da man de Iago Souto, Alba Martín, Isabel Rey, Marta Caeiro e Ángel Rey. Este grupo de alumnos do Campus de Pontevedra (procedentes de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual) competiron no concurso XMINT Project (coordinado pola universidade belga Karel de Grote), con equipos semellantes procedentes das universidades de Grenoble (Francia), Northumbria (Reino Unido), Katowice (Polonia) e Charlemain (Bélxica). Na tarde deste venres presentaron as súas campañas na sede de UNICEF en Bruxelas. O reto de todas elas: deseñar a mellor campaña publicitaria crossmedia para a organización humanitaria.
No caso do grupo pontevedrés, o reto tivo como elemento central unha aplicación para móbiles destinada a fomentar ás doazóns a esta organización e que “a través dunha estratexia de gamificación”, incrementase a concienciación dos usuarios. “Tratábase dunha aplicación para potenciar as doazóns, na que se facía unha equivalencia entre cousas ás que podías renunciar na túa vida e o que podías achegar a UNICEF”, explica Vicente Badenes, un dos profesores encargados de asesorar este proxecto, no que “os alumnos competiron con universidades moi potentes”. Badenes salienta que “fixeron un gran traballo en pouco tempo e a verdade é que é un proxecto destes que nos enche de orgullo”. Outro dos profesores, Xabier Rolán, salientou “o alto nivel” dos proxectos de todas as universidades, que foron avaliados por un xurado composto por tres representantes de UNICEF e un de cada unha das universidades participantes, que non podían votar polo seu propio equipo.
Os profesores Oswaldo García, Mabel Míguez, Vicente Badenes e Xabier Martínez Rolán foron os encargados de coordinar o traballo deste grupo de alumnos, que desde o mes de xaneiro veñen desenvolvendo un proxecto que, en primeiro termo levounos a estudar campañas previas, tanto desta organización como doutras ONG, así como á realización de enquisas e a análise de diferentes estudos. A partires de aí, informa a Universidade de Vigo, os estudantes comezaron a traballar no deseño dunha campaña na que fan uso de diferentes soportes, desde medios gráficos e audiovisais ata redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?