Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado das Aulas Tecnópole imponse en Exporecerca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado das Aulas Tecnópole imponse en Exporecerca

Redacción
Publicado: 21/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole_grupo.jpgA Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) e o seu alumnado (Aulas Tecnópole) veñen de obter importantes recoñecementos no certame científico estatal Exporecerca Jove, un dos máis referenciais concursos do panorama actual dos novos científicos e desenvolvedores de tecnoloxía. Segundo informan os responsables das Aulas, os seus proxectos da rapazada galega foron merecedores do primeiro (cun kit para facer prácticas de xenética) e do terceiro premio (cun sistema de análise de calidade de aceite usado), ademais dun accésit (cunha app móbil para a compravenda de produtos agrícolas).
Estas distincións serviranlles de pase para participar na principal feira científica de Europa e, tamén, nun dos eventos de referencia neste eido en Latinoamérica. A eles sumáronse, co segundo premio, os gañadores da Galiciencia 2015, estudantes de Biscaia, que viaxarán tamén a Brasil para presentar o seu proxecto. Todos eles competían con 110 proxectos de nove nacionalidades.

Contidos
  • O primeiro premio
  • O terceiro premio
  • O accésit

O primeiro premio

tecnopole_iria_clara-01_detalle.jpgClara Mingyue López e Iria Ollero gañaron o primeiro premio da categoría de segundo ciclo da ESO na Exporecerca, celebrada ao longo dos tres últimos días en Barcelona, co seu kit de baixo custo para realizar prácticas de xenética. As alumnas desenvolveron o seu propio prototipo utilizando a impresión en 3D e, segundo informa a Tecnópole, “cun custo moi inferior aos dispositivos destas características que existen no mercado”. Grazas a este galardón, Clara e Iria amosarán en Expo-Sciencies Europe (no mes de xullo en Toulouse, Francia), a segunda fase do seu proxecto, que consiste en realizar probas nos centros educativos para avaliar se se cumpre o obxectivo de mellorar a aprendizaxe dos estudantes de Secundaria sobre xenética grazas ao uso deste kit.

O terceiro premio

tecnopole_martin_miguel_detalle.jpgPola súa banda, o sistema de análise da calidade do aceite usado en fritidoras que desenvolveron Martín Ansia e Miguel Rodríguez acadou o terceiro premio da categoría de primeiro ciclo da ESO na Exporecerca, dotado coa participación na feira científica que terá lugar en novembro na localidade brasileira de Natal. Martín e Miguel, co seu enxeño, foron quen de argallar unha tecnoloxía que determine cando o aceite debe ser substituído para evitar as alteracións químicas provocadas por unha reutilización excesiva que resultan tóxicas para o consumo.

O accésit

tecnopole_juancarlos-01-1_detalle.jpgAdemais, Juan Carlos Navares levou un accésit que lle permitirá defender na Feira da Ciencia de Jerez de la Frontera (Cádiz) a súa aplicación móbil de compravenda de produtos agrícolas sen intermediarios, deseñada “co obxectivo de reducir os prezos para os compradores e aumentar as ganancias dos vendedores”. Segundo engade a Tecnópole, esta ferramenta presenta “como principal novidade a súa especialización no mercado agrícola, aínda sen cubrir por outras aplicacións xa existentes”.
Pola súa banda, o sistema de mellora da comunicación entre alumnos e profesores desenvolvido por alumnos vascos (gañador absoluto da Galiciencia 2015), logrou o segundo premio da Exporecerca na categoría de segundo ciclo da ESO. O proxecto de Ander Aguiriano, Jon Andoni Bretón, Sue González e Asier Rementería, da Lauro Ikastola (Loiu, Biscaia), acudiu ao certame catalán grazas ao galardón obtido en Ourense e a finais deste ano acudirá á feira científica de Fortaleza, en Brasil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?