O Agrupación de Editores de Servizos en Liña (GESTE), que representa a un cento de medios de comunicación con presenza na web, declaroulle a guerra aos bloqueadores de publicidade, e hai uns meses anunciou que ían emprender unha acción conxunta para loitar contra esta tecnoloxía que prexudica ao seu modelo de negocio, facendo inviables os medios que se ofrecen de balde aos usuarios financiándose mediante publicidade se esta non chega aos usuarios finais.
Até o momento non parecía preciso ter que adoptar medidas serias ante esta práctica, pero actualmente estímase que 3 de cada 10 internautas franceses fan uso de bloqueadores de publicidade, e no caso dos mozos de entre 16 e 24 anos a porcentaxe subivía ata o 53%, o que resulta moi preocupante para as cabeceiras de prensa.
Os medios franceses asociados a GESTE comezan agora a amosar grande anuncios cando un usuario dun bloqueador de publicidade visita as súas páxinas web, instándoos a desinstalar tal software (ou dándolle instrucións sobre como desactivalo para a súa páxina web), aínda que esta advertencia é só informativa normalmente, algunha cabeceira decidiu bloquear totalmente o acceso aos seus contidos a usuarios que bloqueen os seus anuncios.
Os xornais lembran que precisan da publicidade para financiarse, de xeito que os anuncios son necesarios se queremos poder gozar de información de balde, á vez que tamén destacan que os bloqueadores de publicidade “non son anxos”, lembrando o negocio de extorsión que algunha das súas compañías desenvolve (permitindo a medios incluír a súa publicidade en listaxe brancas de pagamento para que sempre se vexan os seus anuncios).
A prensa francesa declara a guerra aos bloqueadores de publicidade
Compartir Este Artigo
