Nas últimas hora Intel deu conta do pasamento dunha das grandes figuras da compañía, Andrew S. Grove, quen fora un dos tres fundadores do fabricante de procesadores en 1968 e que presidira a compañía dende 1979 e encabezara a Xunta Directiva entre os anos 1997 e 2005, estando considerado unha das figuras de maior influencia no sector tecnolóxico global.
Grove desempeñou o rol de director xeral de Intel entre 1987 e 1998, xogando un papel decisivo na compañía á hora de redirixir o seu negocio da fabricación de chips de memoria aos microprocesadores, e durante a súa dirección puidemos ver a produción de procesadores tan importantes como o 386 e o Pentium, que contribuíron a sentar os alicerces da grande revolución dos ordenadores persoais na súa popularización.
Falece un dos co-fundadores de Intel
Compartir Este Artigo
