Cando imos de viaxe ou vacacións tendemos a tomar fotografías e gravar vídeos, dos que habitualmente compartimos uns poucos contidos a través das redes sociais, e aínda que a idea inicial é organizar as fotografías para poder compartilas con amigos e familiares, estamos ante un proceso de organización que normalmente supón sentarse diante do ordenador durante bastante tempo para facer a correspondente escolma, o que tende a deixarse atrás por preguiza ou falta de tempo, algo que Google quere evitar, de aí que estea a estrear un novo xeito de facer álbums, de xeito que tras facer unha viaxe ou acudir a un evento, a aplicación de Google Fotos suxeriranos a creación dun álbum, elixindo as mellores instantáneas, e incluso engadindo mapas para amosar por onde nos movemos e as localizacións que visitamos. Podemos engadir texto ao pé dos contidos e incluso activar funcións de colaboración, para que os nosos amigos e familiares poidan engadir as súas propias fotografías ao álbum.
Continúa a ser posible facer os álbums que queiramos dun xeito personalizado, pero este novo asistente fai o proceso moito máis áxil e doado, e o formato de Google Fotos, dispoñible para iOS, Android e a web, é tamén un xeito moi atractivo de compartir os contidos.
Vídeo de presentación da nova funcionalidade de Google Fotos
