Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant pon en xogo unha tecnoloxía que identifica unha persoa falante coas máximas rapidez e precisión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant pon en xogo unha tecnoloxía que identifica unha persoa falante coas máximas rapidez e precisión

Redacción
Publicado: 22/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gradiantvoice.jpgO centro tecnolóxico Gradiant está a dar pasos decisivos no ámbito da tecnoloxía de recoñecemento de voz. Froito desta liña de traballo e desta experiencia adquirida xorde GradiantVoice, un desenvolvemento que xa conta con app de avaliación para dispositivos e que destaca por integrar a tecnoloxía de identificación do locutor máis recente do centro tecnolóxico galego (especialmente deseñada para autenticación) coa seguridade en escenarios de mobilidade. Segundo informa o centro, GradianVoice abrangue un conxunto de bibliotecas prontas para a súa integración en plataformas móbiles e de servidor. Como dixemos, permite a identificación e a verificación da persoa falante aos poucos segundos de encetar o discurso.
Como características salientables, podemos destacar da tecnoloxía GradiantVoice que está deseñada e creada para escenarios móbiles, que se procesa en dispositivos móbiles e en tempo real (extracción rápida do modelo a partir de secuencias de audio), que é multiplataforma (opera con todas as plataformas dispoñibles para móbles e de escritorio), que achega modelos biométricos cen por cen compatibles entre computador e móbil, o que posibilita diferentes arquitecturas de sistema. A maiores, fornece as máximas garantías de seguridade, conveniencia e dispoñibilidade, “grazas á doada combinación coas demais modalidades biométricas de Gradiant, como Face Recognition ou Signature Recognition”, segundo informan dende o centro tecnolóxico galego.
speaker_recog.jpgAsemade, GradiantVoice integra no seu seo varios módulos, co fin de “proporcionar unha solución completa de autenticación”. Tamén abrangue módulos de control de adquisición e micrófono para dispositivos móbiles, que permiten unha integración rápida e máis o desenvolvemento de aplicacións de terceiros. Outro dos seus elementos é un algoritmo rápido (Voice Activity Detection) que é quen de detectar e desbotar segmentos de silencios. Este algoritmo está cen por cen optimizado para dispositivos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?