Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia patrocinará a entidade brasileira encargada de impulsar as TIC nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia patrocinará a entidade brasileira encargada de impulsar as TIC nos concellos

Redacción
Publicado: 22/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

abemtic_imatia.jpgA empresa galega Imatia, especializada en desenvolvemento rápido de software para empresas e administracións públicas, vén de establecer un acordo de colaboración coa entidade brasileira ABEMTIC. En virtude desta alianza, a firma da nosa terra achegará ao devandito organismo o seu coñecemento e experiencia en materia de adopción de novas tecnoloxías para o ámbito das institucións públicas. Por exemplo a experiencia obtida a través da implantación da plataforma Cividas (desenvolvida por Imatia) en múltiples eidos administrativos. Sen ir máis lonxe, Cividas está no alicerce da recentemente estreada sede electrónica do Concello de Pontevedra.
Como lembraremos, Imatia foi quen de medrar de xeito considerable en Brasil dende 2013, ano no que comezou a súa andaina coa Prefeitura de Valinhos, unha localidade de 100.000 habitantes pertencente ao Gran São Paulo, que decidiu introducir Cividas na súa área de Urbanismo e publicar a súa Sede Electrónica. Asemade, afrontouse a dixitalización de 50.000 fichas catastrais, con captura automática de toda a información que conteñen.
Froito deste proxecto, e co obxectivo de estreitar ligazóns coas entidades brasileiras que están envorcadas coa implantación da eAdministración no país, nace a colaboración de Imatia coa ABEMTIC (Associação Brasileira de Enteidades Municipais de Tecnologia da Informação e Comunicação). Trátase dun colectivo que desde 2005 reúne a un bo número de organismos públicos relacionados co sector TIC, promovendo a cooperación técnica e administrativa entre os seus asociados de todos os recunchos da xeografía brasileira. Imatia será a partir de agora patrocinador oficial desta importante asociación, á cal achegará a experiencia de seu co fin de mellorar a eficiencia das administracións brasileiras, o grao de desenvolvemento do seu sector TIC e, sobre todo, a calidade de vida dos cidadáns do país.
Recordar tamén que “co obxectivo de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes e captar novas oportunidades no emerxente mercado brasileiro”, Imatia decidiu abrir o pasado ano 2015 unha filial neste país, converténdose a súa sede permanente na cidade de São Paulo na primeira localizada no continente americano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?