Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae Consultores achéganos ás metodoloxías para acadar a máxima usabilidade web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae Consultores achéganos ás metodoloxías para acadar a máxima usabilidade web

Redacción
Publicado: 22/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usabilidade.jpgVitae Consultores vai achegar os días vindeiros a segunda edición dunha actividade formativa destinada a fortalecer a nosa capacidade para obter as meirandes sinxeleza e facilidade de uso nas nosas propostas web. O curso Experiencia de Usuario -UX- e Usabilidade en Proxectos Web e eCommerce (formato PDF) desenvolverase en Vigo ao longo de 20 horas de formación. Neste obradoiro, sinala Vitae, aprenderemos a deseñar e programar estratexias de usabilidade mediante metodoloxías, técnicas e ferramentas que nos axuden a cumprir coas expectativas dos nosos usuarios.
O curso levarase a cabo os vindeiros 22, 23, 29 e 30 de abril (venres tarde e sábados pola mañá). A actividade, máis polo miúdo, abranguerá estratexias en proxectos web e en proxectos de mobilidade “cun enfoque eminentemente práctico”. Os obxectivos son introducirnos na importancia da definición global dunha iniciativa web dende o punto de vista do usuario, amais de subministrar metodoloxías para lograr cubrir as expectativas e as necesidades dos visitantes. Por outra banda, amosaranse as peculiaridades especiais dos proxectos de comercio electrónico.
O obradoiro está dirixido a programadores, consultores, analistas, xefes de proxecto, responsables de comunidades en liña (community managers), técnicos en mercadotecnia, deseñadores dixitais, etc. Por contidos, achegaranse (entre outras moitas cousas) técnicas para coñecer en entender aos nosos usuarios (os seus perfís e as súas demandas), información avanzada sobre a temática da experiencia do usuario (atendendo tamén ás particularidades nos diferentes dispositivos) e recursos sobre as principais vantaxes do proceso de “prototipado” e as súas distintas fases.
O encargado de impartir o curso será Pablo López, grao en Enxeñaría de Sistemas de Telecomunicación e especialista en usabilidade e accesibilidade web. A día de hoxe é xerente e director de proxectos web e móbil e consultor en comercio electrónico na firma Hacce Conversion & Design.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?