Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A edición 2016 de Lingua de Namorar xa ten as súas mensaxes gañadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A edición 2016 de Lingua de Namorar xa ten as súas mensaxes gañadoras

Redacción
Publicado: 23/03/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Sabela Domínguez amosando a súa mensaxe
Sabela Domínguez amosando a súa mensaxe
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de informar da resolución da edición 2016 do concurso de mensaxes de amor en galego, Lingua de Namorar. Trátase, como lembraremos, dun certame dirixido a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos, impulsado por Política Lingüística xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e cuxo obxectivo é o de “animar ao emprego da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais e atendendo ás principais ferramentas actuais da comunicación xuvenil”. Ou sexa, a mensaxería instantánea que vén da “man” das novas tecnoloxías. Como lembraremos, a idea fundamental é fomenta entre a mocidade o uso do idioma galego como lingua útil, axeitada e normal para todos os momentos da vida.
Mensaxes premiadas na categoría A
Trala deliberación do xurado, resultaron gañadoras da categoría A, de entre as 59 mensaxes que recibiron dúas ou máis votacións dos usuarios e usuarias, as seguintes mensaxes:
1º premio: Nese intre, Sabela Domínguez Souto (Verín, Ourense)
Cando estaba a piques de botarme a perder, gañeite.
2º premio: A perda de tempo, Sara Caride Blanco (Cambados, Pontevedra)
Preciso que asentes o meu futuro no teu peito. E estánsenos adiantando as caricias que non nos demos. Estánsenos contruíndo os amenceres de insomnio. Estánsenos mudando as incertezas. Estásenos perdendo o tempo que non pasamos xuntos.
3º premio: Por fin!, Xeila Rey Cambados (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
Se ten que chegar ese día chegará, eu mentres sigo agardando, agardando por ese momento, ese instante, ese abrazo, ese sorriso, e ese “por fin” saíndo da miña boca.
Mensaxes premiadas na categoría B
Trala deliberación do xurado, resultaron gañadoras da categoría B, de entre as 51 mensaxes que recibiron catro ou máis votacións dos usuarios e usuarias, as seguintes achegas:
1º premio: De laranxas e grelos, Alba Dono Costoya (Ordes, A Coruña)
O mundo cheo de laranxas e eu por aquí a buscar o meu medio grelo, que beba da terra, o alente un orballo e me queira en galego.
2º premio: Percepción, Clara Presedo Rama (A Coruña)
Reparei no seu cabelo, ríndose da gravidade. Examinei a súa mirada, maina e reconfortante. Fiquei observando os seus beizos, cortados polo frío, vermellos coma o sangue. Seguín polas súas mans encarnadas, onde as veas protagonizaban historias e, para o meu pesar, parpadexei. Cando as miñas pestanas se abriron, aquel asento do tren olloume baleiro.
3º premio: Sen batería, Juan Manuel Sánchez Pardo (A Coruña)
Pum-pum, pum-pum noto que o meu peito se estremece
Cando agardo para verte de novo, calquera problema se esquece
Pum-pum, pum-pum
O meu corazón
treme, e treme cal batería
Que por certo teño ao 3% a do móbil, e dedícoa nestas liñas, hoxe é o día, nun intre collo e chamo
penso confesarche que hai tempo que te am___
BATERÍA ESGOTADA
Premios
Polo que respecta aos galardóns buscouse que fosen “acordes co espírito e coa temática do certame”. Ou sexa, tecnoloxías ao servizo da literatura e da creación artística. Son tres premios por cada unha das categorías. Na modalidade A (de 14 a 19 anos) o primeiro galardón é un smartphone ZTE de 16 GB, o segundo un dron Airis con cámara de vídeo VGA e o terceiro unha torre de son Bluetooth. Na categoría B (de 20 a 35 anos) o primeiro premio consiste nunha cámara réflex Canon EOS 1200D de 10 Mpíxeles, o segundo un smartwatch SPC Gold e o terceiro un disco duro externo Toshiba de 1TB de capacidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?