Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A segunda edición de Galicia Open Future xa ten gañadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A segunda edición de Galicia Open Future xa ten gañadores

Redacción
Publicado: 23/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gof_segunda_edicion_iniciativas.jpgTras varios meses de aceleración no centro de emprendemento galego impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, as iniciativas Autofarm, MD.USE Innovative e SetPay foron elixidos como os tres proxectos gañadores desta segunda edición de Galicia Open Future.
Como premio, os tres gañadores recibirán unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, coa cal poderán continuar o desenvolvemento do seu proxecto. Ademais, estas tres startups poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia –Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco- doutros 25.000 euros.
O xurado, formado pola Axencia de Modernización de Galicia (AMTEGA), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a aceleradora de startups de Telefónica Wayra, seleccionou estes tres proxectos en base á achega que supón para os sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado e a viabilidade demostrada polos proxectos, así como pola súa composición multidisciplinaria e polo uso das últimas tecnoloxías.

Contidos
  • Proxectos Gañadores
    • Autofarm (Ourense)
    • MD.USE Innovative Solutions (Santiago de Compostela)
    • SetPay (Santiago de Compostela)
    • III Edición

Proxectos Gañadores

Autofarm (Ourense)

autofarm_caixa.jpgAutofarm, formado por Jorge D. Cobas, Ignacio Boubeta, e Daniel Reboredo, nace co obxectivo de simplificar a monitoraxe e xestión de explotacións gandeiras, axuntando un sistema de fácil manexo e comprensión coa posibilidade de obter a tempo real grandes cantidades de datos desde calquera punto que se desexe monitorar. Isto facilita a toma de decisións para obter resultados óptimos de produción e coñecer ao instante calquera anomalía que se poida producir mediante un sistema de alarmas completamente configurable.

MD.USE Innovative Solutions (Santiago de Compostela)

ciqus_mduse-stand_0.jpgRebeca García, Anxo Piñeiro, Tomás da Calzada, Roberto Rosende, Carlos Piñeiro, Edgar Mixcoha forman MD.USE, unha spin-off que desenvolve software científico de modelado molecular para simular e predicir resultados de experimentos en laboratorios, aforrando tempo e diñeiro a investigadores de múltiples sectores. Incorporando tecnoloxías de última xeración aos seus produtos, como a Realidade Virtual, na actualidade, conta cunha nova liña de negocio complementaria e enfocada ao desenvolvemento de apps educativas para química. MD.Use está formada por investigadores en simulación computacional, programadores, desarrolladores de aplicacións en Realidade Virtual e expertos en xestión empresarial.

SetPay (Santiago de Compostela)

setpay_no_coche.jpgO obxectivo de SetPay, como proxecto dirixido ao desenvolvemento de medios de pago, é ofrecer un TPV móbil, é dicir, que permita aceptar pagos con cartón en calquera momento e lugar. Recentemente, e tras estes meses de aceleración, David Pombar, Xoan Gonzalez, e Xavier Martinez –os creadores e responsables deste proxecto- deseñaron e lanzaron o seu segundo produto, unha pasarela de pagos online que mantén a mesma filosofía.

III Edición

O Galicia Open Future vén de abrir a súa III edición e ata o vindeiro 15 de abril os proxectos interesados en participar poden presentar a súa candidatura vía web. Até 50 novos proxectos poderán acceder ao programa global e aberto de Telefónica Open Future, deseñado para conectar a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas de todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?