Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia mellorará o mantemento e a eficiencia de ferrocarrís en Marrocos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia mellorará o mantemento e a eficiencia de ferrocarrís en Marrocos

Redacción
Publicado: 28/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Fernando Vázquez, director executivo de Imatia
Fernando Vázquez, director executivo de Imatia
A empresa galega Imatia, centrada no desenvolvemento eficaz de software para empresas e administracións públicas, vén de ser elixida pola ONCF (Office National des Chemins de Fer du Maroc), a empresa nacional de ferrocarrís de Marrocos, para a introdución de dúas unidades SADEP (Sistema Autónomo de Detección de Estado de Pantógrafos) en distintos puntos do trazado ferroviario de rede convencional que une as cidades de Casabranca e Kenitra. Cómpre salientar que estamos perante o primeiro proxecto desta empresa galega no continente africano.
En que consiste o SADEP? Pois é un sistema que permite realizar un mantemento máis eficiente dun instrumento fundamental para o funcionamento dos vehículos ferroviarios: o pantógrafo. Este aparello é o encargado de transmitir a enerxía eléctrica ao vehículo a través do contacto dunhas pezas chamadas frotadores coa liña de alta tensión (ou catenaria). Segundo lembra Imatia, ata o de agora o mantemento dos pantógrafos levábase a cabo de maneira periódica, substituíndo as partes nas que se detectaba algún dano provocado polo desgaste ou por outros motivos. Con todo, en ocasións estas revisións non chegaban a tempo “debido a previsións erróneas nos períodos de mantemento, polo que se producían danos na infraestrutura das catenarias, co conseguinte custo derivado da súa reparación”, engade a empresa galega, que entraría en xogo coa tecnoloxía xusto neste punto.
imatia_tren_marrocos.jpgO sistema de Imatia consta duns sensores situados nun pórtico de liña, estes tiran unha foto dos frotadores de maneira automática cada vez que o tren pasa baixo o devandito pórtico. Esta foto é analizada por un software de xeito case instantáneo, e envíase axiña ao centro de control de tráfico xunto a un completo informe de integridade, incluíndo numerosa información como a velocidade do tren ou as inclinacións do frotador, entre outras cousas. “Deste xeito”, explican dende Imatia, “pódense detectar os desgastes nos pantógrafos de maneira automática, sen pór en risco as infraestruturas”. Segundo engade a firma que dirixe Fernando Vázquez, director executivo da compañía galega, “este proxecto supón un fito na historia de Imatia, xa que se trata da súa primeira iniciativa no continente africano, e confiamos en que non será o derradeiro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?