Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo Universitario da USC, máis preto da cidadanía grazas á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo Universitario da USC, máis preto da cidadanía grazas á Rede

Redacción
Publicado: 28/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

arquivo_usc_web.jpgOs responsables do Arquivo Universitario da USC queren achegar este recurso á comunidade docente e investigadora. Con este obxectivo, lembran que se trata “dunha ferramenta para o ensino que está a disposición de todos os públicos”. O inicio desta nova andaina marcadamente “aperturista” do Arquivo, en palabras da institución académica compostelá “unha das xoias escondidas e menos coñecidas da USC”, coincide coa renovación da páxina web de seu, unha remodelación dirixida a reivindicar o Arquivo “como ferramenta aberta para a aprendizaxe e a investigación”, tanto para a comunidade universitaria como para a cidadanía en xeral.
Coa nova presenza en liña, estreada este mes de marzo, o obxectivo fundamental foi achegar unha descrición “máis uniforme” de cada unha das seccións do Arquivo con referencia á totalidade dos conxuntos documentais a disposición dos investigadores e persoas interesadas. Segundo se fixo saber con motivo da súa posta en marcha, a web salienta por ser “máis áxil, dinámica, completa e actualizada a 2016 en canto á información ofrecida”, sendo os fondos documentais dixitalizados o gran alicerce sobre o que se sustenta.
Lembrar, en termos xenéricos, que o Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia, así como por fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á USC. A súa misión inclúe a conservación, ordenación, clasificación e facilitar a consulta e uso da documentación tanto para a administración como para a cidadanía. Segundo sinala o subdirector do Arquivo, Jaime Fariña, estes fondos “son de interese para un amplo abano de perfís e puntos de vista, dende historiadores, investigadores ou expertos/as en xenealoxía, ata cidadáns con curiosidade ou interese na consulta de fondos histórico”.
Fariña tamén explica que aínda que a maior parte dos fondos son en soporte papel, o arquivo conta cunha gran colección de pergameos medievais (planos de distintos edificios da cidade e cunha colección de mapas e cartas náuticas procedentes das distintas seccións) e, dende hai anos, pon a disposición da comunidade preto de tres millóns de imaxes dixitalizadas e datos de documentos de diferentes fondos accesibles a través da Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?