Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros escolares galegos contarán cun protocolo de protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros escolares galegos contarán cun protocolo de protección de datos

Redacción
Publicado: 28/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

egap_proteccion_datos.jpgA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de ultimar o Protocolo de protección de datos persoais, unha guía de referencia para os centros escolares a través da cal se busca dar resposta ás dúbidas máis frecuentes nesta materia ás que se enfrontan directores e docentes, e que atinxen principalmente a cuestións como o tratamento de imaxes, a xestión dos datos persoais en caso de proxenitores non unidos por vínculo matrimonial ou análogo, a utilización de cámaras de videovixilancia e a cesión de datos.
O documento, entregado aos membros do Consello Galego da Convivencia celebrado hai uns días, para que acheguen as aportacións que consideren, aborda un conxunto de pautas concretas e claras dirixidas a toda a comunidade educativa, de xeito que se lles outorgue unha maior seguridade xurídica a todos os axentes implicados na xestión e tratamento de todos os datos persoais. Así mesmo, incorpóranse unha serie de anexos con modelos de cláusulas de información e autorización para o tratamento de datos, que poderán ser utilizados por todos os centros.
Seguindo os preceptos marcados pola Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, o protocolo impulsado pola Consellería de Cultura e Educación lembra que a protección de datos está suxeita ao principio de información e de consentimento. O protocolo pretende dar resposta ás dúbidas máis frecuentes no que atinxe ao uso de imaxes en páxinas web e blogues dos centros e no caso dos sistemas de videovixilancia, estes deben colocarse sempre respectando os dereitos dos usuarios do centro e atendendo á súa finalidade de garantir a seguridade.
O protocolo de protección de datos persoais (que tamén conterá un apartado sobre identidade dixital, no que se está traballando) enmárcase dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, e súmase a outros protocolos posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación como os de Atención Educativa Domiciliaria, de Urxencias Sanitarias, de Acoso e Ciberacoso, de Absentismo Escolar, de TDAH u de TEA. Todos eles teñen como finalidade de dar apoio aos centros, aos docentes e ás familias con documentos e guías específicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?