Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigadora da UVigo advirte dos riscos de non manter unha boa posición diante da pantalla
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigadora da UVigo advirte dos riscos de non manter unha boa posición diante da pantalla

Redacción
Publicado: 28/03/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_tania_garcia.jpgCada vez teñen máis presenza na nosa sociedade as mancaduras e lesións relacionadas coas posturas que mantemos en relación aos elementos da Sociedade de Información. De feito, boa parte das patoloxías relacionadas con problemas cervicais (que afectan a preto da metade das traballadoras e traballadores do mundo) teñen relación directa coa posición adoptada diante da pantalla do computador. Así nolo conta estes días a investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) Tania García, que está a realizar un estudo que avalía o impacto que teñen as pantallas na postura de cabeza e columna cervical dos traballadores e traballadoras da Consellería de Sanidade da Xunta. O obxectivo: definir recomendacións e intervencións que permitan diminuír as dores músculo-esqueléticas derivadas do devandito. A xuízo da investigadora, unha correcta “hixiene postural” e o seguimento dunha serie de pautas relativas a posturas e movementos resultan “decisivos” para “evitarmos estes tipo de problemas”.
Por certo que canda fala de “hixiene postural” Tania García refírese ás normas minimizar a carga á que sometemos á columna vertebral. A investigadora, que desenvolve o seu labor ao abeiro do grupo GIES-10 (que dirixe a profesora Margarita Pino), sitúa a orixe do seu traballo no protocolo de colaboración asinado en 2015 entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Sanidade para a promoción de estilos de vida saudables.
O seu estudo analiza “de maneira individualizada” a postura de cabeza e columna dunha mostra de 372 traballadores e traballadoras da Consellería, co propósito de deseñar, en base aos resultados obtidos, posibles intervencións terapéuticas. Como norma ou recomendación primeiras a ter en conta, Tania ponnos sobre aviso acerca dos riscos dunha posición moi estendida entre as persoas que traballan co computador: a cabeza adiantada coa vista posta na pantalla, o que significa unha flexión da zona cervical inferior e a extensión da zona cervical superior. Esta postura, sinala, “produce unha maior comprensión das articulacións da columna cervical, o que resulta un risco de trastornos-músculo esqueléticos no pescozo”.
Segundo engade, o traballo diante das pantallas pode dar pé a patoloxías como cervicalxia ou problemas no túnel carpiano, que adoitan ser “de tipo acumulativo”, e ás que se suman problemas visuais ou fatiga mental. Ademais, engade que os problemas cervicais afectan a entre un 40 e un 49% dos traballadores, mentres que entre un 10% e un 19% presenta problemas nos pulsos.
O seu proxecto (Análise descritivo-interpretativa sobre o impacto da pantallas de visualización de datos (PVD) na postura da cabeza e a columna cervical) céntrase no persoal cuxo traballo se leva a cabo diante dun ordenador e que non teña padecido previamente doenzas como fracturas ou cirurxías cervicais, escoliose idiopática, cáncer de óso, trastornos neurolóxicos do movemento ou enfermidades do sistema nervioso central.
Para este proxecto prevese realizar un estudo individualizado de 372 dos traballadores e traballadoras da Consellería, aos que tamén se lles pregunta polo uso de tabletas, teléfonos móbiles ou televisores. Ao abeiro da investigación, deberán responder unhas enquisas para medir os hábitos e os índices de actividade física, a escala de dor e discapacidade cervical e a calidade de vida, para posteriormente realizar unha análise postural mediante o uso da fotogrametría, a realización de fotografías tres metros por riba do suxeito para posteriormente analizalas cun software de evolución postural.
Os resultados que se obteñan contribuirán como dixemos ao desenvolvemento de pautas e protocolos de actuación que poidan ser implantados pola propia administración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?