Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés equipa o Hotel Shangri-La de Doha cun avanzado sistema de información ao cliente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés equipa o Hotel Shangri-La de Doha cun avanzado sistema de información ao cliente

Redacción
Publicado: 29/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hotel_shangri-la_doha_catar.jpgA compañía galega Televés, centrada en equipamento innovador de telecomunicacións, vén de informar dun importante traballo despregado en Oriente Medio, máis polo miúdo no Hotel Sangri-La de Catar, onde a firma de Santiago implantou un sistema audiovisual e de información ao cliente con 800 puntos de visualización. Segundo informa Televés, este encargo é froito da longa e frutífera experiencia da compañía en materia de solucións FibreData e CoaxData para o despregamento de servizos audiovisuais no sector hostaleiro, tecnoloxías que dan acceso (con ou sen fíos) a canles de TV procedentes de calquera plataforma (TDT, satélite, IPTV, OTT, Vídeo Baixo Demanda).
O novo equipamento habilitado no Sangri-La de Doha propúxose co seguinte desafío: despregar un sistema de IPTV (Internet Protocol Television) con todas as funcionalidades que se agardan dun establecemento de cinco estrelas, “cen por cen personalizado para o cliente”. Segundo engade a firma de Santiago, “tratouse dun proxecto chave en man no que traballaron de maneira coordinada o equipo gráfico de Televés e o integrador local para xerar interfaces de usuario personalizados”.
Ao abeiro deste encargo, explícase, os sistemas audiovisuais integráronse co software de xestión hostaleira (PMS) e implantouse tecnoloxía mirror screen (pantallas de espello) nos baños. Como resultado de todo isto, os hóspedes poderán gozar en 800 emprazamentos diferentes “dunha auténtica oferta de televisión á carta”, á vez que as pantallas convértense en puntos de acceso a toda a información que poden necesitar para gozar da súa estadía. Ou sexa, para gozar dos servizos do hotel, da oferta local de lecer e compras, dos servizos de transporte, etcétera. Segundo engade a firma de Santiago, “dende os propios puntos de visualización os hóspedes poden mesmo consultar a súa conta de gastos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?