Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés presenta no MedPi de Mónaco a súa tecnoloxía CareLife
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés presenta no MedPi de Mónaco a súa tecnoloxía CareLife

Redacción
Publicado: 29/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_carelife.jpgA compañía galega Televés vai participar no salón MedPi de Mónaco, edición 2016 (do 17 ao 20 de maio), amosando a súa proposta TIC para o sector da eSaúde, ou sexa para a atención a doentes e dependentes pola vía das novas tecnoloxías. Falamos de CareLife, un recurso smart que segundo informa Televeś, “fornece un punto de atención integral e personalizable no fogar para cubrir as necesidades e evolución de cada usuario”. No foro MedPi, que se desenvolve no Grimaldi Fórum de Mónaco, Televés contará con expositor tecnolóxico de seu.
Segundo engade a empresa con sede en Santiago, CareLife ten por obxectivo o coidado e a mellora da calidade de vida dos maiores e das persoas dependentes, “dende a perspectiva do impulso do envellecemento activo e saudable”. O seu deseño está baseado nas novas tendencias Ambient Assisted Living (AAL). Isto quere dicir que se trata dunha tecnoloxía non intrusiva e perfectamente adaptable a cada contorna e que, mediante sensores sen fíos, analiza de forma autónoma a rutina dunha persoa para obter datos e establecer perfís e hábitos de vida que se converten en claves para o seu coidado e seguridade. E todo, explica Sara Rodríguez, responsable de Desenvolvemento de Negocio de Fogar Dixital de Televés, “preservando a intimidade e fomentando a confianza”.
Como dixemos, esta solución forma parte da liña de negocio da compañía galega orientada ao desenvolvemento de solucións de telecomunicacións no ámbito do edificio e o fogar dixital. Carelife, engaden fontes da empresa, pon a tecnoloxía máis avanzada ao servizo do coidado das persoas, “constituíndo un fito na estratexia de diversificación da compañía, que se aliña coa Axenda Dixital Europea e o programa marco de investigación e innovación da Unión Europea Horizonte 2020”.
Polo que respecta ao salón MedPi de Mónaco, está considerado un dos eventos máis importantes ligados á informática e ao sector das novas tecnoloxías en Europea. Nel dánse cita boa parte dos máis sobranceiros representantes profesionais e empresariais do ámbito das TIC (información, multimedia e telecomunicacións), amosando as máis salientables novidades e avances e brindando unha boa oportunidade para informarnos do estado de saúde da tecnoloxía actual en hardware, software, mobilidade e produtos multimedia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?