
Tamén se abordarán os procesos de elaboración de distintos tipos de té, o aceite de camelia, os códigos de catalogación, os camións pluma, a descrición arquivística ATOM, a ferramenta Autocad Civl 3D, a prevención de riscos nun laboratorio de análises, a igualdade de xénero, lexislación (Leis 39/2015, 40/2015 e 2/2015, e Real decreto lexislativo 5/2015), xestión e recadación voluntaria, violencia xuvenil, traballo en equipo, protocolo, Photoshop, expediente electrónico, alérxenos, xestor de ofimática Excel, Administración Electrónica, adestramento (coaching), elaboración de nóminas e lingua galega en documentos administrativos.
Máis polo miúdo, as entidades locais refírense aos concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa; as mancomunidades do Salnés, do Val Miñor e o organismo autónomo Terra de Sanxenxo.
Engadir por último que as persoas pertencentes aos entes integrados no plan de formación da Deputación de Pontevedra que estean interesadas en participar nestas accións formativas deberán presentar a solicitude e a documentación acreditativa antes do 1 de abril.
A Deputación de Pontevedra formará en eAdministración ao persoal dos concellos
Compartir Este Artigo

