Para facilitar a integración de contidos de realidade virtual en aplicacións e páxinas web Google vén de presentar VR view, unha solución doada e rápida para integrar contido inmersivo en Android, iOS e a web, de xeito que permite dotar de interactividade a imaxes e vídeos en 360 graos, que poderemos visualizar dende un móbil cun adaptador como o cartón de Google ou incluso dende un ordenador de escritorio, ofrecendo Google o código fonte para que os desenvolvedores de páxinas web poidan hospedar por si mesmo os ficheiros HTML e JavaScript desta solución, así como modificalos para adaptalos ás súas necesidades.
Deste xeito, as experiencias de realidade virtual poderán integrarse en aplicacións móbiles e páxinas web coa facilidade de, por exemplo, un vídeo de YouTube, o que facilitará a distribución das creacións envolventes que prometen emerxer con forza a partires do presente ano, e que a facilidade para distribuílas a través de cada vez máis dispositivos é un grande incentivo para a súa produción.
Google presenta unha solución para integrar realidade virtual en aplicacións e páxinas web
Compartir Este Artigo
