Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Camiño dos Faros achega xa treitos virtuais grazas a Google Street View
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Camiño dos Faros achega xa treitos virtuais grazas a Google Street View

Redacción
Publicado: 30/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camino_dos_faros_google_street_view.jpgA iniciativa O Camiño dos Faros, da que falamos en 2014 para dar conta do seu espallamento na Rede, segue a abrir novos camiños no plano virtual, complementarios aos que xa leva trazados (e reivindicado) na vertente real. Cómpre lembrar que O Camiño dos Faros é unha iniciativa que, a xeito de rede social, convoca sendeiristas e camiñantes de toda a nosa contorna para percorrer (de maneira colaborativa e colectiva) e pór en valor os vieiros do noso litoral (a columna vertebral, a Costa da Morte), sendo os diferentes treitos a percorrer as distancias entre un faro e outro. Segundo puidemos saber, os integrantes da comunidade de camiñantes xa poden percorrer virtualmente os 200 quilómetros que median entre Malpica e Fisterra grazas ao Google Street View.
Isto será posible porque o buscador cedeu a tecnoloxía necesaria para que os trasn@s (os membros da dita comunidade) percorresen o dito itinerario e o mapeasen debidamente. A cesión, segundo nos contan dende Que pasa na costa, tivo a súa orixe no acordo asinado o pasado mes de outubro entre Google e a asociación O Camiño dos Faros. Google tamén puxo a disposición dos camiñantes o equipo Trekker para a captura as imaxes de O Camino dos Faros. O Trekker, como recordaremos, é unha mochila-trebello equipada con cámara que rexistra imaxes en 360 graos, de xeito que pode chegar a onde non sería posible introducir os vehículos que toman decote as imaxes de Google Street View. Segundo se informa, a experiencia de Google en O Camiño dos Faros é o primeiro proxecto de Trekker Loan en Galicia (e a primeira vez que unha asociación accede a unha cesión desta tecnoloxía).

A comunidade

camino_faros_participantes.jpgO Camiño dos Faros é unha iniciativa de mobilidade e reivindicación. Tamén, un colectivo para promover e defender a conservación e a utilidade dos vieiros que unen pola beiramar unhas vilas con outras na Costa da Morte dente tempos que se perden na memoria. Asemade, o proxecto incide na Internet sen renunciar a tirar proveito do que esta lle envía. De feito, detrás da iniciativa atópase un grupo de persoas que, coma unha rede social, descobre en cada sesión-andaina a suma de novos camiñantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?