Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e GAIN queren visualizar ante o mundo o potencial en transferencia das nosas firmas e investigadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e GAIN queren visualizar ante o mundo o potencial en transferencia das nosas firmas e investigadores

Redacción
Publicado: 31/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_transferencia_tecnoloxia.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) están a convidar aos investigadores e empresarios da nosa terra a participaren coas súas achegas nos Premios de Transferencia de Tecnoloxía, edición 2016 (segunda convocatoria). De feito, lembran, o obxectivo dos galardóns é recoñecer o traballo das persoas que crean tecnoloxía e apostan por ela, tanto dende o público como dende o privado, dende o académico ou o corporativo, facendo o posible por incrementar as colaboracións e os fluxos de coñecemento entre uns ámbitos e outros (transferencia).
Os premios convócanse en tres modalidades. Por unha banda, o Premio ao mellor traballo de investigación aplicada, un galardón dotado de 6.000 euros netos, máis 4.000 para a formación dun membro do equipo nun centro de investigación de fóra de Galicia. Seleccionarase a achega que mellor represente a contribución dun traballo de investigación ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia a través da transferencia dos seus resultados ao mercado. Por outra banda, o Premio ao mellor caso de éxito en PEME, co que se quere salientar o máis destacado caso de logro empresarial en materia de transferencia de tecnoloxías para pequenas e medianas empresas, dotado con 12.000 euros netos. O feixe de recoñecementos complétase co Premio ao caso de éxito en grandes empresas que, como o seu propio nome ben indica, distingue o exemplo máis sobranceiro de transferencia para grandes empresas, dotado con 6.000 euros para o grupo de investigación colaborador.
Por certo que o prazo para presentarmos candidaturas ficará aberto ata o 30 de xuño. A contía total dos galardóns é de 28.000 euros.
A RAGC e a GAIN colaboran de novo na organización deste certame baixo a premisa “de que a axeitada transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo é unha estratexia prioritaria a nivel global para incrementar o desenvolvemento socioeconómico de calquera territorio”. No caso de Galicia, engaden, “estes procesos veñen sendo impulsados con resultados que convén recoñecer a través de casos de éxito que sexan difundidos á cidadanía e sirvan como referencia inspiradora para investigadores e empresarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?