Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: InLugo anuncia 27 novos cursos para formar aos maiores nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

InLugo anuncia 27 novos cursos para formar aos maiores nas TIC

Redacción
Publicado: 31/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inlugo_cursos-2.jpgA Deputación de Lugo ten entre mans un novo feixe de actividades formativas baseadas no dixital e nas súas vantaxes para o noso desenvolvemento. As accións foron dadas a coñecer esta semana polo patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, quen presentou a programación do 2º trimestre de 2016 no Centro de Innovación Social, InLugo, que xestiona a dita Fundación a través dunha encomenda da Deputación. A dita programación abrangue 27 cursos e obradoiros, tres deles na provincia, e un total de 311 prazas gratuítas destinadas a todos os lucenses de máis de 55 anos.
As iniciativas programadas para abril, maio e xuño estarán centradas en dar resposta ás demandas tecnolóxicas dos maiores de Lugo. Cousas como por exemplo aprenderen a empregar o computador, os dispositivos smartphone, as tabletas ou mesmo as videoconsolas (moi útiles, neste senso, para estimular capacidades cognitivas e funcionais).
Tamén se lles ensinará a navegar por Internet e a empregar aplicacións de emprego común, como por exemplo o servizo de mensaxería Whatsapp, de gran potencial para establecer máis e mellor comunicación con amigos e familiares.
O representante da Fundación TIC lembrou tamén que o prazo para inscribirse se abre este mesmo mércores, 30 de marzo, ás 12:00 horas, e animou “a todos os interesados a que se apunten canto antes xa que cada vez é maior a demanda, e boa parte das prazas adoitan cubrirse ás poucas horas”. Pode facerse a través de fundaciontic.org e deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186. A programación arrancará o 5 de abril co curso Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador, que durará tres días.
A maiores, o patrón da TIC salientou “o labor que está a desenvolver o InLugo nunha provincia como a nosa”, cunha poboación “moi envellecida e dispersa”, na que as novas tecnoloxías poden representar un papel moi destacado á hora de mellorar a vida cotiá dos nosos maiores, a súa comunicación cos demais e a preservar as súas capacidades cognitivas e funcionais. Tamén lembrou que amais dos cursos e obradoiros, InLugo conta con outros servizos formativos e divulgación, por exemplo Aula de Transmisión do Coñecemento, unha aula interactiva con material informático e conexión a Internet a disposición de todas aquelas persoas maiores que o desexen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?