Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os nosos centros tecnolóxicos queren impulsar a fórmula (infalible) do coñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os nosos centros tecnolóxicos queren impulsar a fórmula (infalible) do coñecemento

Redacción
Publicado: 31/03/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Manuel González Penedo, coordinador do CITIC
Manuel González Penedo, coordinador do CITIC
Este 29 de marzo celebrouse en Compostela o Foro Universidade, Coñecemento e Desenvolvemento Intelixente, organizado polo Grupo Correo Gallego e co obxectivo fundamental de “defender a contribución da universidade galega ao desenvolvemento económico e tecnolóxico baseado no coñecemento”. No encontro participaron, entre outros relatores, o coordinador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC), Manuel González Penedo, o director do CIMUS, Carlos Diéguez González, o director de Gradiant, Luis Pérez Freire, e a responsable de Innovación de Nanogap, Eldara Rodríguez Cobo. Todos eles interviñeron, moderados por Manuel Varela (director de Axencia Galega de Innovación), na segunda mesa redonda da xornada, que versou sobre as Prioridades e retos para impulsar un desenvolvemento en Galicia baseado no coñecemento.
González Penedo salientou a esencia do CITIC como “un centro tecnolóxico que desde os seus inicios buscou sinerxías co sector produtivo, xa sexa privado ou institucional, e que non se centra unicamente na transferencia senón que tamén existe unha forte aposta pola investigación básica”.
A inauguración do acto correu a cargo de Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen afirmou que “as grandes revolucións tecnolóxicas acontecidas durante o pasado século e o presente teñen como principal protagonista a universidade”. Acompañoulle José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.
A continuación tivo lugar a primeira das dúas mesas redondas, desenvolvida baixo o epígrafe Características e activos da investigación universitaria: a programación estratéxica do SUG, na que participaron Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Isabel Rodríguez-Moldes, vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Javier Bueno, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da USC e Coordinador do Campus Terra, e Javier Pereiro, director xerente do FEUGA.
Os relatores falaron entre outras cousas sobre o investimento destinado a investigación na nosa terra, tanto por parte do Estado como por parte das empresas privadas, salientando “a necesidade de promover unha cultura emprendedora e novos modelos de financiamento”.
Patrocinio Morrondo Pelayo, presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), foi a encargada de clausurar a xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?