Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A edición 2016 de INCUVI-Emprende distingue unha ducia de proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A edición 2016 de INCUVI-Emprende distingue unha ducia de proxectos innovadores

Redacción
Publicado: 01/04/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

uvigo_premios_incuvi_emprende_2016.jpgEste xoves deuse a coñecer a ducia de iniciativas vencedoras da edición 2016 dos premios INCUVI-Emprende e máis as dúas seleccionadas na primeira edición dos INCUVI-Avanza, unha convocatoria para o afianzamento dos proxectos recoñecidos en entregas previas. Segundo fixo saber a Universidade de Vigo na entrega de distincións (facendo reconto), ao longo das cinco edicións anteriores dos premios presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups “de alto valor innovador nos tres campus”. No acto, o reitor Salustiano Mato salientou o potencial da Universidade de Vigo como unha institución académica ateigada de dinamismo e que é quen de axudar a converter en realidade “cousas que poden parecer soños pero que cada día constatamos que son realidade”. Esta é, dixo, a finalidade de INCUVI e, tamén, dos seus galardóns: ser unha fábrica de emprendedoras/es.
Segundo lembrou, na edición 2016 seleccionáronse 18 finalistas, dos que foron elixidos seis proxectos gañadores do Campus de Vigo, catro de Ourense e dous de Pontevedra. Os seus responsables, agora, madurarán cadanseus proxectos dende espazos de pre-incubación das sedes INCUVI de Ourense, na Tecnópole; de Pontevedra en AJE; e de Vigo en Cidade Universitaria.
A vicerreitora de Estudantes, Dolores González, foi a encargada de dar a coñecer os gañadores e lembrou que xa na pasada edición acadouse “un dos nosos meirandes fitos: a globalización académica e xeográfica de INCUVI-Emprende, chegando así a todas as áreas de coñecemento e a tódolos centros e titulacións da Universidade de Vigo”.
Campus de Vigo
Indo aos premiados e ás súas propostas, un dos emprendedores recoñecidos foi Alberto Novoa, graduado en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, que recolleu o galardón por MyKeeper, unha iniciativa que mediante unha pulseira de xeolocalización e un elemento detector de actividade desenvolve un sistema de vixilancia para enfermos de Alzheimer e doutras patoloxías semellantes.
Outro dos proxectos distinguidos é Macromicologic, unha iniciativa que vai ter o seu centro de operacións na preincubadora da Cidade Universitaria e que se dirixe a achegar servizos relacionados coa micoloxía tales como a avaliación da produción, catalogación de especies, valoración económica do produto, implantación de novas especies, creación de roteiros micoturísticos. Vén da man de Hugo Fernández, graduado en Bioloxía.
Xunto a Mykeeper e Macromicologic, foron premiados tamén os responsables das outro catro ideas empresariais con destino vigués: Loop Tronic, centrada na Internet das Cousas; Beleader, unha solución web orientada ao turismo de baixo custe; Blue Lion, relacionada do mundo da moda e do lecer, e Awesome Soft, enfocada ao desenvolvemento e venda en liña de software de lecer.
Campus de Ourense
Rita Carreira recolleu o premio á cooperativa de iniciativa social Brigantia, un espazo onde crear e desenvolver programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, avivar un ocio e tempo libre saudable “fóra do consumismo,” e onde promover e fomentar “a lingua e a cultura galega”.
Tamén en Ourense terá o seu emprazamento unha empresa de compra-venta de produtos galegos “aínda sen bautizar”, subliñou Sergio Martínez, que explicou que levan xa varios meses traballando nun proxecto comercial enfocado á distribución e comercialización de produtos agrarios de calidade. A estas iniciativas únense, para compartir espazo na Tecnópole, o proxecto Barbook, unha aplicación social enfocada ao sector servizos, e Enviroverde, dirixida á creación de alternativas reais ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos.
Campus de Pontevedra
Na cidade do Lérez o destino destas novas ideas empresariais son os espazos de AJE-Pontevedra, onde se instalarán os impulsores de FreeBee e Lag. “A idea de FreeBee nace para axudar a solucionar a problemática que estamos tendo no sur de Galicia coa vespa velutina, a coñecida vespa asiática”, explicou un dos impulsores da iniciativa, que fixo fincapé en que este proxecto propón o desenvolvemento empresarial dun sistema para a xestión, control e erradicación deste especie na contorna galega.
No caso de Lag, impulsada por dúas graduadas en Belas Artes, o que se propón é unha tenda obradoiro de serigrafía, na que ao alumno-cliente se lle permita a creación e personalización das súas adquisicións.
Afianzamento de Meigalabs e Robotilab
A (primeira) convocatoria INCUVI-Avanza, que responde á necesidade de continuar apoiando proxectos que tralo seu paso pola preincubadora amosaron a súa viabilidade pero están aínda en fase de desenvolvemento, seleccionou dúas startups que resultaron gañadoras na edición 2015: Meigalabs, do Campus de Ourense e Robotilab, de Vigo, que seguirán desenvolvéndose no CITI de Ourense ou no Parque Empresarial de Porto do Molle.
A primeira delas conta xa con máis de 500.000 descargas en todo o mundo do seu videoxogo Corrupt Mayor Clicker. A súa aposta empresarial céntrase no desenvolvemento especializado en servizos de gamificación, apps e videoxogos para plataformas móbiles. A segunda céntrase na robótica educativa e a tecnoloxía entendidos como o medio para que os máis cativos aprendan a resolver problemas de todo tipo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?