Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O presidente da Deputación da Coruña coñeceu de primeira man o potencial en transferencia do CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O presidente da Deputación da Coruña coñeceu de primeira man o potencial en transferencia do CITIC

Redacción
Publicado: 01/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_visita_citic_2.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, puido coñecer onte as principais liñas de traballo do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña, o CITIC. Foi grazas a unha visita institucional ao centro, durante a que avogou “por aproveitar a experiencia e coñecemento” da Universidade. A toma de contacto co CITIC complementouse cun achegamento ao viveiro de empresas da UDC no Campus de Elviña. Valentín González que estivo acompañado polo reitor, Julio Abalde, fixo un chamamento a xuntar forzas para “ter un mundo emprendedor ligado á universidade, co obxectivo de que esta colaboración conclúa coa transferencia de novas tecnoloxías e aplicacións á sociedade civil”.
Durante a visita ao CITIC e ao viveiro o presidente provincial avanzou que, dentro da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego que ultima a Deputación, prepárase un convenio de colaboración coa UDC “para que calquera emprendedor da provincia, especialmente no ámbito tecnolóxico, poida aproveitar estas magníficas instalacións que ten a Universidade e os seus coñecementos neste tipo de proxectos”.
Pola súa banda, o reitor Julio Abalde recoñeceu que a UDC e a Deputación “estamos a ver posibles canles de colaboración”, a través de unidades do parque tecnolóxico como o CITIC e o viveiro de empresas “que cremos que son importantes para o desenvolvemento de empresas dentro e fóra da Universidade”.
depu_coruna_visita_citic.jpgSegundo puido coñecer o presidente provincial en persoa, no CITIC traballan a día de hoxe uns 230 investigadores que colaboran cos responsables de sete empresas alí instaladas e que desenvolven proxectos avanzados relacionados coas novas tecnoloxías da información a través das seguintes áreas: Busca e Recuperación de información para a empresa e a administración, Integración de aplicacións e Información, Intelixencia Artificial e Aplicacións, Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa, Media en Rede e Fogar Dixital, Métodos de Utilizabilidade e Validación de Sistema, Procesado de Imaxes Dixitais, Sistemas de Comunicacións Sen Fíos, Sistemas de Información en Web, Sistemas de Información Xeográfica e Sistemas Distribuídos e Arquitecturas orientadas a servizos.
Segundo explicou o coordinador do CITIC, Manuel González Penedo, durante a estadía no centro do presidente da Deputación, este leva en funcionamento dende 2003 e dende aquela, sinalou, “é un referente na simbiose do coñecemento universitario co mundo empresarial”, que enriquece o desenvolvemento de numerosos proxectos en áreas tecnolóxicas do máis diverso.
Por outra banda, lembróuselle que o viveiro de empresas conta actualmente con 5 iniciativas empresariais, ás que proximamente se incorporarán dúas novas, e dúas spin-off, empresas xa consolidadas que continúan usando este espazo. Dende a súa fundación en 2004, o centro acolleu un total de 51 iniciativas emprendedoras, das que 31 chegaron a afianzarse.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?