Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As instalacións informáticas do Hospital Álvaro Cunqueiro inician as visitas estudantís
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As instalacións informáticas do Hospital Álvaro Cunqueiro inician as visitas estudantís

Redacción
Publicado: 04/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_familia_estudantes_no_alvaro_cunqueiro.jpg30 alumnos e tres profesores de ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Pazo da Mercé das Neves, que iniciaron as visitas ás instalacións informáticas do Hospital Álvaro Cunqueiro, puideron coñecer en primeira persoa os recursos tecnolóxicos dos que dispón o centro e a capacidade que é capaz de xestionar. Con case 15.000 tomas de datos para a conexión de equipos informáticos e de comunicación, é un dos servizos máis avanzados de cantos hai nos hospitais de Galicia. A infraestrutura que xestiona o servizo de Informática situado no hospital permite a conexión centralizada e en rede de todos os equipos tanto informáticos como de comunicación, un sistema que xestiona máis de 2.000 teléfonos e máis de 2.500 computadores.
Tras asistir a unha sesión teórica, na que os alumnos coñeceron como funciona todo o sistema, visitaron a estancia que alberga os servidores e as unidades centrais, cunha capacidade de almacenamento superior a 300 TB. Unha cifra que en termos de consumo normal, por poñer un exemplo, significa que poderían almacenarse no Álvaro Cunqueiro 100 millóns de fotografías.
Posteriormente, os alumnos visitaron a infraestrutura a nivel de servidores que permanece no Hospital do Meixoeiro e que se trasladan, progresivamente, ao centro de proceso de datos do novo hospital de Beade.
O soporte informático do Álvaro Cunqueiro non só se refire aos computadores ou á telefonía, senón que dá servizo á nova tecnoloxía de que está dotada o hospital, mediante aplicacións informáticas.
Os estudantes das Neves, que se mostraron sorprendidos coas innovacións tecnolóxicas e o volume das mesmas, coñeceron de primeira man que o Hospital Álvaro Cunqueiro dispón de todos os servizos dixitalizados. Isto supón que é posible que todas as comunicacións entre profesionais sanitarios se realicen sen necesidade de utilizar papeis. Os documentos por escrito quedan só reservados para as indicacións que se lle entregan aos pacientes ou enfermos que son atendidos nos distintos servizos do hospital.
Os alumnos coñeceron, ademais, que o servizo de Informática xestiona as estacións de diagnóstico radiolóxico e o relacionado coa alta tecnoloxía. Os responsables do servizo informáronlles, ademais, da existencia de 500 repetidores de sinal Wi-Fi, que están distribuídos polo hospital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?