Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela impulsa a web de transparencia das Cidades Patrimonio e unha app de turismo accesible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela impulsa a web de transparencia das Cidades Patrimonio e unha app de turismo accesible

Redacción
Publicado: 04/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

santiago_cuenca_asemblea_cidades_patrimonio.jpgNo ano 1993 creábase en España o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade constituído por 15 cidades entre as que se atopa Santiago, amais de Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa/Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda. Precisamente a cidade de Cuenca vén de acoller a última xuntanza destas urbes, á que acudiu o alcalde de Compostela, Martiño Noriega. A cita desenvolveuse este sábado e ao seu abeiro, o máximo órgano de goberno do Grupo aprobou por unanimidade o seu orzamento para 2016, que son 990.000 euros. A nivel TIC, tamén se ratificou o Portal de Transparencia das Cidades Patrimonio, que xa se puxo en marcha na web oficial. Nel pódense consultar: os orzamentos da entidade, os convenios que ten subscritos, os acordos adoptados en asemblea e a información sobre as subvencións recibidas polo grupo.
A xuntanza de Cuenca serviu tamén para facer un repaso polo estado no que se atopan os diferentes proxectos que ten en marcha o Grupo. Así, informouse de que en xullo estará dispoñible a app de Turismo Accesible de Santiago de Compostela, elaborada no marco do proxecto Appside. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Fundación Orange e GVAM, ao que se sumou o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade co obxectivo de que todas conten cunha aplicación móbil accesible para os seus visitantes, en particular para os que teñen algunha discapacidade visual ou auditiva.
A app incluirá varios percorridos e contidos audiovisuais, que axudarán a que os visitantes tomen consciencia do valor do patrimonio de Compostela. Esta aplicación (xa presente en cidades do grupo como Ávila ou Cuenca) será de balde e poderase descargar en teléfonos móbiles iOS e Android.
Tamén da Área de Turismo, o Grupo de Cidades Patrimonio concretou na Asemblea de Cuenca as vindeiras presentacións a touroperadores nas que vai participar: a colaboración con Turespaña para desenvolver actuacións en China, nas que vai participar unha técnica de Turismo de Santiago.
O Grupo de Cidades Patrimonio tamén ten previsto desenvolver accións de promoción en Estados Unidos, Canadá, Xapón ou Portugal. No eido estatal, haberá presentacións en Málaga e Madrid.
Asemade, na Asemblea presentáronse as guías de cada cidade elaboradas polo Grupo, dispoñibles en: galego, catalá, español e inglés.
A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio informou do desenvolvemento da III edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, que nas últimas semanas está levando de intercambio a estudantes de secundaria das distintas cidades membro.
Outro aspecto a tratar foi a situación de proxectos en marcha nos campos do patrimonio, arqueoloxía, medio ambiente, seguridade, accesibilidade e mobilidade. Nesta área salienta a presentación, en marzo, do Libro Branco da Mobilidade nas Cidades Patrimonio, que analiza problemas comúns das 15 cidades membros en relación ao tráfico nas súas zonas históricas.
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade celebrará a súa vindeira Asemblea en Toledo, o 25 de maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?