Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O móbil adianta ao ordenador como método de acceso á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O móbil adianta ao ordenador como método de acceso á Rede

Redacción
Publicado: 04/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

soc_inf_espanha_2015.jpgTelefónica presentou hoxe a XVI edición do informe anual A Sociedade da Información en España correspondente ao ano 2015, nun acto que contou coa presenza do secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo Sotelo, o vicepresidente executivo da Fundación Telefónica, Emilio Gilolmo, e o presidente de Telefónica España, Luis Miguel Gilpérez. O informe pretende reflectir a realidade actual do comportamento dos usuarios dos servizos da Sociedade da Información e expor as tendencias dixitais que impactarán na sociedade nun futuro próximo, confirmando unha vez máis a acelerada dixitalización da vida dos españois, con 27,15 millóns de usuarios de entre 16 e 74 anos que se conectan regularmente á Rede, dos que 22,2 millóns conectaríanse a diario (1,5 millóns máis que o ano pasado).
Un par de detalles a salientar do informe é a posición de España a nivel Europeo na velocidade de adopción de conexións de fibra óptica ata o fogar (con máis de 3 millóns de clientes conectados e máis de 15 millóns de fogares con cobertura), mentres que o acceso á Rede dende o móbil tamén medrou 5,9 puntos no último ano, e conseguindo un auténtico fito histórico: os smartphones superan aos ordenadores como dispositivo de acceso á Internet en 10 puntos.
O informe sostén que en España o 87% de todos os teléfonos son smartphones, colocándose en cabeza a nivel europeo na penetración de teléfonos conectados á Rede. Tamén destacan que o 89% do tempo no que se usa o móbil actualmente é para acceder á Internet.


Aínda que a comunicación e o lecer seguen a ser os
principais motivos do uso da Internet, en 2015 compróbase unha utilización máis
racional das redes sociais, e un aumento significativo do uso para actividades
produtivas e profesionais. O emprego das redes sociais descendeu 2,4 puntos e
os mozos dedican agora máis tempo a conectarse a plataformas de comercio
electrónico ou aprendizaxe en liña e menos á conectividade social.

O pasado ano aumentou significativamente o uso da Internet
para o consumo de vídeos, películas e música (15,2 puntos) ata o 67,5% e a
procura de información sobre bens e servizos ata un 69,6%. A mensaxería
instantánea seguiu crecendo (6,3puntos) e xa a usan a diario o 93,7% dos españois,
do mesmo xeito que a realización de operacións bancarias (3,9%) e coa
Administración (17,7%).

O consumo da televisión está a cambiar cara á
personalización a pasos axigantados. O consumo lineal de Game of Thrones caeu nun só ano do 51% ao 22% en 2015. Os usuarios
prefiren o vídeo baixo demanda e só os eventos deportivos manteñen a
preferencia do consumo lineal.

As novas tendencias non só afectan o noso comportamento
persoal, senón que terán un gran impacto da vida económica e a creación de
riqueza. Así, a utilización masiva do internet das cousas en todos os sectores
económicos vai abrir a era do internet industrial, que implica un cambio de paradigma:
xa é posible a monitorización de centos de elementos dunha forma sinxela e a
actuación de forma preditiva grazas á análise de datos. Estímase que esta
tendencia conducirá de forma directa á creación de riqueza e prevese que a súa
achega acumulada ao PIB mundial entre 2015 e 2030 oscilará entre os 10,6 e 14,2
billóns de dólares en función das medidas de impulso que se poñan en marcha
para favorecer a súa implantación, podendo supoñer en España unha achega no
devandito período entre 108.000 e 137.000 millóns de dólares. Este crecemento
supoñerá a creación dun número moi elevado de postos de traballo de alto nivel
de cualificación, como expertos en TIC ou científicos de datos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?