Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MathWorks amosa na UVigo os seus novos produtos de simulación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MathWorks amosa na UVigo os seus novos produtos de simulación

Redacción
Publicado: 05/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_mathworks.jpgA Escola de Enxeñaría Industrial do Campus de Vigo acolleu onte unha actividade de demostración de intelixencia e aprendizaxe artificial. O acto, no que participaron máis dun cento de persoas (entre estudantes, investigadores e docentes), desenvolveuse ao abeiro da xira MatLab Academic Tour, edición 2016, e nel amosáronse as potencialidades e novas funcións da plataforma MatLab, entre outros produtos de MathWorks para os ámbitos do machine learning e o ensino baseado en proxectos con hardware de baixo custe. MathWorks, como recordaremos, é unha compañía referente no desenvolvemento de software de cálculo matemático para enxeñeiros e científicos, foi fundada en 1984 e ten a súa sede central en Natick, Massachusetts, Estados Unidos. A plataforma MatLab é un dos seus produtos estrela: unha contorna de programación para o desenvolvemento de algoritmos, análise e visualización de datos e cálculo numérico.
Entre os eidos principais de actividade e aplicación de MatLab figuran a aprendizaxe automática, o procesamento de sinais e imaxes, a visión artificial, as comunicacións ou o deseño de control e a robótica.
uvigo_mathworks2.jpgO seminario foi impartido por Lucas García, enxeñeiro de Aplicacións de MathWorks especializado en ensino automático, cálculo paralelo e información masiva (Big Data), e por Ángel Sierra, responsable de MathWorks para a comunidade académica de España e Portugal.
Sinalar tamén que froito do traballo conxunto das escolas de enxeñaría Industrial, Telecomunicación e Minas e co apoio da Universidade de Vigo, os ditos centros asinaron un convenio con MathWorks para dispoñer das ferramentas Matlab e Simulink en calquera das plataformas/sistemas. Este acordo, sinala a UVigo, “fai posible que calquera membro da comunidade universitaria dispoña dunha licenza completa para utilizar estas ferramentas, sempre con fins educativos, durante a duración do mesmo”.
Segundo fontes da institución académica galega, Matlab e Simulink empréganse amplamente, tanto na contorna universitaria como na empresa, para facilitar o desenvolvemento de capacidades para a resolución de problemas mediante a modelización e simulación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?