Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As actividades recentes de CPAE 2.0 xuntaron máis de medio milleiro de persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As actividades recentes de CPAE 2.0 xuntaron máis de medio milleiro de persoas

Redacción
Publicado: 06/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A fachada do punto CPAE 2.0 de Lalín
A fachada do punto CPAE 2.0 de Lalín
A Deputación de Pontevedra vén de facer reconto da actividade desenvolvida formativa pola súa rede CPAE 2.0 no período comprendido entre setembro de 2015 e marzo de 2016. Segundo informa, a asistencia media aos emprazamentos da rede (seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño) triplicouse ao longo dos ditos meses, principalmente por mor das reunións complementarias mantidas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, cos axentes sociais e empresariais da provincia. Estas xuntanzas dirixíronse en boa media a atopar novos vieiros de colaboración e de implicación para tirar o máximo partido da capacidade de formación TIC das sedes de CPAE e os profesionais que acubillan (técnicos especializados en novas tecnoloxías).
Cómpre lembrar que a rede CPAE 2.0 presta servizo de información a autónomos e PEME da provincia de Pontevedra, ofertando unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.
Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios (un colectivo integrado por 64.000 autónomos e PEME da provincia de Pontevedra que constitúe o 92 % do tecido empresarial desta), unha serie de eventos informativos innovadores. Nos últimos seis meses a asistencia media dos eventos formativos do CPAE 2.0 triplicouse ata chegar ao medio millar de persoas, ao abeiro das reunións mantidas pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cos diversos axentes sociais e empresariais para impulsar este proxecto que, en palabras da responsable da entidade provincial, “goza hoxe da maior repercusión desde que comezou a súa andaina”.
En relación co dito, informar que o último evento formativo desenvolvido, unha completa achega ás vantaxes de comercializar os servizos e produtos das PEME nas redes sociais, acadou máis de 40 solicitudes de reserva, o que obrigou a institución provincial a reeditalo o vindeiro 19 de abril.
Os interesados en inscribirse nos eventos formativos poden obter maior información do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 na web www.cpae20.depo.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?