O Centro Demostrador TIC (CDTIC) acollerá nas súas instalacións o 11 de abril a presentación da terceira convocatoria do Galicia Open Future ás 12:00 horas, para a que é preciso inscribirse vía web, sendo posible acudir ao CDTIC en persoa ou poder seguir o evento en remoto a través de streaming.
A xornada está dirixida a emprendedores que teñen dende unha idea de negocio ata unha startup. As encargadas de presentar a iniciativa serán María del Carmen López Gómez, directora do programa Galicia Open Future de Telefónica, e Paloma Barreiro Gónzález, directora do proxecto en Grupo Barrabés.
O equipo de Galicia Open Future, unha iniciativa impulsada por Telefónica en colaboración coa Xunta, presentará o seu programa de aceleración de startups, que actualmente se atopa en fase de captación e selección dos 50 proxectos participantes para a súa terceira edición. Na xornada explicaranse os requisitos para participar no programa, o colectivo a quen vai dirixido, as metodoloxías de traballo e os beneficios que achega aos participantes. Así mesmo, presentaranse casos de éxito das edicións anteriores.
As empresas e profesionais interesados en formar parte desta nova convocatoria de Galicia Open Future poden presentar as súas candidaturas ata o 15 de abril, cumprimentando o formulario de inscrición habilitado na súa páxina web. Unha vez finalizada a preselección inicial, daranse a coñecer os nomes dos 50 proxectos elixidos para formar parte desta segunda convocatoria.
A través do Programa de Incentivos da Xunta, la Axencia Galega de Innovación (GAIN) achega unha axuda de 2.000 euros a cada un dos proxectos seleccionados Superada a fase de formación, un xurado de expertos seleccionará os tres mellores que recibirán unha axuda de ata 25.000 euros, tamén da GAIN, que deberán destinarse ao desenvolvemento do propio proxecto. Poderán acceder, así mesmo, a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros.
A nova edición de Galicia Open Future presentarase o vindeiro luns no CDTIC
Compartir Este Artigo

