Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca en Santiago a cuarta edición do Congreso de Fenda Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca en Santiago a cuarta edición do Congreso de Fenda Dixital

Redacción
Publicado: 07/04/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_fenda_dixital.jpgA Facultade de Ciencias da Educación de Santiago (Campus Vida) acolle estes días a cuarta edición do Congreso de Fenda Dixital, unha xuntanza destinada, como o seu propio indica, a pór sobre a mesa os porqués da existencia (aínda) de amplos sectores da poboación que non teñen nin tan sequera acceso aos máis mínimos recursos dixitais e de información. Máis polo miúdo e segundo avanza a organización, avaliaranse as posibilidades que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) poden ofrecer para “contribuír ao desenvolvemento de procesos de inclusión educativa, á abordaxe das necesidades educativas especiais e a facilitar ou promover a igualdade”. O evento desenvólvese a partir deste xoves 7 e ata o sábado 9.
A xornada inaugural presidiuna ás 9.30 horas o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, este xoves 7. Interviñeron tamén a decana da Facultade, Carmen Fernández Morante; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira; o concelleiro de Educación de Santiago, Manuel Dios; a presidenta de Nova Escola Galega, Mariló Cancelo; Daniela Gonzalves en representación das universidades portuguesas participantes; e Montse Castro, en nome do comité organizador. A conferencia que abriu a quenda de intervencións estivo adicada aos desafíos da inclusión na sociedade dixital e impartiraa Ángeles Parrilla, da Universidade de Vigo, e Tiberio Feliz da UNED.
A xornada da tarde, a partir das 16.30 horas continuará cun relatorio sobre recursos educacionais abertos e a democratización do coñecemento e unha mesa redonda que avaliará a contribución das TIC en iniciativas de atención á diversidade. Este primeiro día do congreso concluirá coa proxección das pezas que integran o proxecto Vida de Rubén Riós, unha curtametraxe –Vida– e un documental –Máis ca Vida– de marcado carácter social protagonizados por persoas con discapacidade funcional que entrelazan nun guión os medos e prexuízos que aparecen no día a día destas persoas.
Coa participación de actores de éxito como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, María Mera ou Estíbaliz Veiga, Vida e Máis ca Vida buscan amosar as arelas dos/das protagonistas por “rachar as barreiras cunha mentalidade positiva”.
O congreso organízano nesta edición as facultades de Ciencias da Educación das tres universidades galegas, xunto coa Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, o Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal e outras institucións investigadoras e profesionais arredor da docencia e a pedagoxía tanto galegas como brasileiras. A organización pretende crear “un espazo de encontro internacional a través do que xerar debate sobre o estado actual das TIC nos diferentes contextos educativos”, informou. Amais disto, o Congreso de Fenda Dixital constitúe en palabras dos organizadores “un contexto de intercambio sobre experiencias e proxectos de investigación innovadores, favorece o feedback e a reflexión entre docentes, educadores/as sociais, profesionais da pedagoxía ou da psicoloxía e asistentes sociais coa finalidade de analizar criticamente o papel que as TIC desempeñan no ámbito académico e nos contextos sociocomunitarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?