Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura achega preto de 78.000 euros en axudas para a dixitalización de fondos documentais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura achega preto de 78.000 euros en axudas para a dixitalización de fondos documentais

Redacción
Publicado: 07/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

arquivos_dixitalizacion.jpgCultura e Educación ten unha nova liña de axudas para optimizar os arquivos de Galicia a través de metodoloxías avanzadas de organización e dixitalización. Trátase dun orzamento de 77.740 euros para realización de actividades que optimicen a xestión, o manexo e conservación dos nosos fondos documentais. A convocatoria foi publicada este 6 de abril no Diario Oficial de Galicia e encamíñase a dotar de respaldo orzamentario iniciativas de universidades, entes locais e entidades privadas sen arela de lucro. Deberán ser entes galegos e contar cun local estable destinado a arquivo. Amais, terán que acubillar fondos constitutivos do patrimonio documental de Galicia.
As liñas de actuación destas axudas abranguen, por unha banda, a organización de fondos documentais dos arquivos galegos e o seu tratamento arquivístico, e, por outra, a dixitalización do patrimonio documental custodiado en arquivos –de actas de pleno acubilladas nos arquivos municipais, no caso dos entes locais, e de documentos constitutivos de patrimonio documental que sexan de interese para Galicia no caso dos arquivos universitarios e de entidades privadas sen ánimo de lucro.
A Secretaría Xeral de Cultural, a través destas axudas, apoia o financiamento dos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia (para “garantir a conservación e o acceso ao patrimonio documental que custodian”) cun máximo dun 80 % do investimento total do custo dos proxectos. No caso dos proxectos de organización de fondos a axuda máxima será de 5.000 euros e no dos proxectos de dixitalización, de 2.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?